A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Os liques no Vilariño

Liques, bioindicadores de polución

Un dos usos dos liques é o seu emprego como bioindicadores da contaminación ambiental. O Vilariño é un lugar da parroquia dos Vilares no concello lugués de Guitiriz, na comarca da Terra Chá. Neste lugar naceu o poeta Xosé María Díaz Castro. A pesar de que esta paisaxe mudou moito desde aquela, aínda se pode considerar un área onde a escasa polución do aire permite o crecemento e mantemento de numerosas especies de liques. A continuación exponse unha actividade na que se propón a lectura dun texto e diversas cuestións relacionadas coa estrutura, composición e tipos principais de liques que existen. Apórtanse imaxes dalgunhas das especies atopadas nesta paisaxe. Lee o seguinte texto. Os liques son talófitos, é dicir organismos que non presentan verdadeiros tecidos e polo tanto neles non se desenvolven raíces, talos nin follas. Defínense como unha asociación simbionte entre un alga verde ou bacteria fotosintetizadora (cianobacteria) e un fungo (formado por filamentos chamados hifas). Así, baixo a aparencia dun só individuo inclúe dous moi distintos: un alga (ficobionte ou fotobionte) e un fungo (micobionte).

  • As células da alga realizan a fotosíntese e ceden ó fungo os glícidos que fabrican nese proceso. No caso das cianobacterias ademais poden fixar o nitróxeno da atmosfera e transformalo en amoníaco que tamén poden doar ó fungo.
  • Por outro lado, o fungo protexe á alga da desecación grazas á auga que pode reter entre as hifas e tamén pode proporcionar sales minerais que toma do substrato.

Para poder ver as estruturas internas dun lique é necesario facer finos cortes transversais do talo e observalos ó microscopio.

Moitos liques posúen un talo chamado estratificado que de riba a abaixo comprende as seguintes capas: córtex superior (formado por hifas moi pretas), capa algal (formada por hifas pouco pretas que rodean as células do fotobionte), medula (formada por hifas dispostas de xeito máis laxo, xeralmente é a capa máis grosa) e córtex inferior (formado novamente por hifas moi pretas).

Atendendo as súas diferentes formas podemos diferenciar tres tipos de talo principais:

  • Foliáceos: teñen aspecto de láminas, cintas ou follas estendidas paralelamente ó substrato, sempre medran por riba del e poden separarse do mesmo con relativa facilidade.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 01

  • Fructicolosos: teñen aspecto de pequeno arbusto ou de barbas. Están constituídos por ramas que poden ser cilíndricas ou aplanadas.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 08

  • Incrustantes: talos formando manchas, difíciles de separar do substrato sen destruílos, por estar intimamente adheridos nel.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 03

 

1. ¿Que nome reciben os organismos que non posúen verdadeiras follas, talos e raíz? ¿E os que si as posúen?

 

2. ¿Cales son os dous compoñentes dun lique? ¿Que funcións leva a cabo cada un deles?

 

3. ¿Que tipo de relación manteñen os dous compoñentes do lique?

 

4. Completa as estruturas que aparecen sinaladas no debuxo cos números 1,2 e 3.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 04

 

5. Busca en internet o significado dos seguintes conceptos: apotecio, rizina, isidio. A continuación completa as estruturas do debuxo anterior con eses termos (aparecen marcadas coas letras a,b,c). ¿A cal delas corresponde a seguinte imaxe?

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 07

 

6. As seguintes imaxes mostran distintos tipos de talo que poden presentar os liques. Identifica a que tipo, dos tres principais citados no texto, pertence cada un deles.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 11

—————————————————-

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 05

—————————————————

—————————————————

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 13

————————————————–

7. Busca información sobre o importante papel que desempeñan os liques na formación do solo.

 

8. Completa o texto cos seguintes termos: nocivas, excretar, aire, industrialización e tóxico.

O feito de que un lique non poida ……………… as substancias que absorbe a partir do ………………, fai que acumule cantidades importantes de substancias ……………………, como óxidos de xofre, procedentes do crecente proceso de ………………………….. Cando estes produtos acadan un nivel ………………, o lique morre.

 

9. ¿Por que razón crees que son tan abundantes os liques no entorno do Vilariño?

 

10. Indaga sobre o papel epífita que posúen os liques e que aparece reflectido na seguinte imaxe.

Tralas pegadas de Diaz Castro_liques 10