A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Parga pedra a pedra

A PENA XIBOI

Parga_Pena Xiboi

Próximo a Parga,concretamente nas inmediacións do lugar da Ruxida atópase o xacemento chamado de Pena Xiboi. Na súa orixe, como explica o arqueólogo guitiricense Manuel A. Felpeto debeu de ser un lugar de abrigo no que hai uns 9000 anos un grupo de cazadores, que habitaba a Terra Cha naquelas datas, estableceu un asentamento temporal segundo se puido saber a partires dos testemuños materias que se atoparon no lugar.

Na parte superior da rocha existe unha cruz colocada pola comunidade de montes xunto cunha placa na que se recorda os antepasados do lugar e coa pretensión de preservar o lugar.

Actividades:

  • ¿Como pensas que sería a forma de vida deste grupo?
  • ¿En que etapa da Prehistoria o encadrarías?

TORRE FORTALEZA DE PARGA

Parga_Torre fortaleza
O castelo de Parga está situado nas proximidades da igrexa parroquial. Actualmente consérvase parte dun dos muros do peche e unha das torres.

No lugar que hoxe ocupa a Torre –Fortaleza de Parga había na súa orixe unha fortaleza que servía para vixiar o camiño que unía Lucus Augusti con Brigantium, e que a súa vez estaría levantada sobre un antigo castro. Segundo Ángel del Castillo será Juan Pérez Parragués quen reedificou o castelo a finais de o S. XIV ou principios do XV. Ao parecer, en 1603 foi cárcere xurisdicional.

Do antigo castelo medieval, de forma de polígono regular con torres cilíndricas, e situado nun outeiro dende o que se domina a vila de Parga e a ponte sobre o río do mesmo nome, quedan restos dunha parte da muralla, , que chega a alcanzar unha altura máxima de oito metros, xunto cunha torre cilíndrica de catro metros de diámetro . As paredes están fabricadas na súa parte alta con perpiaños de granito asentado sobre pedras de cachotaría pertencentes a unha época anterior, posiblemente reaproveitadas do castro. Fálase da existencia dun pasadizo subterráneo que unía o castelo co río Parga, usado para procurar aprovisionamentos en tempos de asedio.

A principios de o S. XX aínda existía a antiga muralla, os perpiaños da cal foron reaproveitados para construír a Igrexa e casas adxacentes, podendo observarse marcas de canteiros.

Actividades

  • Intenta localizar nas casas do entorno restos de materiais que puideran proceder do castelo. Fai unha fotografía.

 

IGREXA DE SAN ESTEVO DE PARGA

 

Igrexa de Santo Estebo de Parga_ As pegadas de Diaz Castro

Está situada nun outeiro, xunto ó castelo, posiblemente ocupado con anterioridade por un poboado castrexo. Foi construída no século XII, se ben tras numerosas transformacións posúe características arquitectónicas de diferentes estilos.

Ten unha nave rectangular e a capela maior cadrada, coa sancristía engadida no lado esquerdo. A fachada é de perpiaño, do século XVIII. Consta de porta alintelada e ventá, remátase con volutas e pináculos e espadana

espadana
de dous vanos e dobre corpo. Entre a fachada e o muro lateral dereito hai un reloxo de sol ademais dunha serie de canzorros, algún dos cales atoparíanse inicialmente no adro. Accédese ao adro, murado, por un portalón de pedra do XVIII con enreixado de ferro, gran lintel e frontón triangular con cruz e puntas de diamante.

No interior da igrexa hai tres retablos do barroco popular e unha serie de pinturas murais datadas cara ao século XV, representando escenas da Paixón, a Anunciación e o Cristo en Maxestade.Os retablos laterais, restaurados recentemente, presentan figuras como San Ramón Nonato

San Ramón Nonato
e San Roque. Hai tres sarcófagos antropoides, desenterrados do adro, así como varias lápidas sepulcrais e unha pía bautismal gótica sen adornos.

Actividades

  • ¿Que é un castro? ¿Por que pensas que se construiría aquí a igrexa?
  • A Igrexa construíuse no S.XII, ¿en que estilo arquitectónico se encadraría? Xustifica a resposta