A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Roteiro «Un neno de aldea» – Titorial

PRESENTACIÓN ROTEIRO

Xosé María Díaz Castro naceu en 1914 no Vilariño dos Cregos. Alí aprendeu a ler e escribir descubrindo o mundo rural que tan presente está na súa obra. A aldea ten cambiado pouco dende entón e podedes coñecela con este roteiro didáctico sobre o rural creado no IES Poeta Díaz Castro e guiado polo alumnado.

Na visita hai actividades de botánica, arquitectura popular, xogos tradicionais, escolarización, poesía, etcétera. Todas as actividades están plantexadas dende un punto de vista lúdico para que sexa unha experiencia diferente para os nosos visitantes e lles permita coñecer dende outro ángulo o mundo rural e, sobre todo, contado polos propios rapaces e rapazas que viven nel.

  • CONTIDOS: Bioloxía, Historia, Matemáticas, Educación Física, Ciencias Sociais, Literatura, Música,
  • CURSOS: Actividade pensada para 1º ciclo ESO
  • VISITANTES: Máximo 60 persoas
  • DURACIÓN ACTIVIDADE: 2,5 horas
  • INCLÚE: 6 actividades (20 min máx. en cada)
  • CAMIÑAMOS: 2 km en total dentro da aldea, sen tráfico
  • ROUPA: Calzado e roupa para camiñar, estaremos ó aire libre
  • PUNTO DE ENCONTRO: IES Poeta Díaz Castro
  • DESTINO: Vilariño dos Cregos (15 minutos en bus)
  • FOTOS DA ACTIVIDADE: Facebook e Twitter
  • CONTACTO: IES Poeta Díaz Castro
  • UNIDADE DIDÁCTICA PREVIA: A lus do mundo

*Adaptaremos os tempos e o número de actividades ás necesidades de cada grupo

Un neno de aldea_fotos_07

PREPARATIVOS

  • Pódese descargar o cuestionario previo aquí
  • Pódese descargar o protocolo de loxística e a guía para cada visita aquí
  • Pódese descargar o protocolo de comunicación aquí

DOCUMENTOS

MATERIAIS NECESARIOS

Parada 1. SOPA DE VERSOS

Parada 2. AS ÁRBORES DE DÍAZ CASTRO

  • 4 Cintas métricas
  • 4 Lapis
  • 4 Libretas
  • Plano da aira cos datos das árbores e a fórmula
  • Fichas para que cubran os visitantes (imprimir cada vez)
  • 1 Poema de Esmeralda
  • Fotos de Díaz Castro con pinza
  • Números identificadores para colgar nas árbores
  • Calculadoras ou móbiles
  • Manual parada 02
  • Titorial parada 02

Parada 3. O CRIME DOS SUCOS

  • 2 cordas para debuxar o cadáver
  • Pistas (letras PENÉLOPE)
  • 2 libretas e bolis
  • fichas da arquitectura popular
  • 2 poemas de Penélope
  • Manual parada 03
  • Titorial para 03

Parada 4. LES OU NON LES

Parada 5. OS XOGOS DO NENO PEPE

  • Pau para facer o limbó
  • Corda coa chave de Bascuas
  • Xiz para demarcar os campos de xogo
  • Pano para a pita cega
  • Manual parada 05
  • Titorial parada 05

Parada 6. DESPEDIDA