A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Roteiro fotográfico

  • Autoría
    Nuria Pena, alumnado ESO
  • Ideal para
    Cultivar a mirada do máis próxima
  • Materias
    Plástica
  • Compartir en
    facebook, twitter

En setembro de 2013 a profesora de plástica, Nuria Pena Figueruelo, preséntalle ao claustro de profesores a iniciativa de levar a cabo o proxecto Fotografía en curso. Expuxo o programa coa fundamentación, obxectivos, contidos, actividades, temporización, secuenciación e estratexias. Nomeouse coordinadora a Nuria e planificamos o ciclo do ano globalmente no marco do proxecto, cun seguimento da secuenciación e grao de cumprimento. Asimesmo, enmarcouse o proxecto dentro dun ptograma máis amplo de homenaxes dentro do centro ao autor das letras galegas 2014, poeta veciño da zona e que da nome ao centro. Por acordo do claustro, con esta iniciativa tan ilusionante como ambiciosa, decidimos participar no Plan Proxecta dentro do programa Fotografía en curso.

O PROXECTO

A través do tema “Roteiros do Poeta Díaz Castro” preténdeuse que os rapaces exploraran a realidade do entorno do poeta homenaxeado no Día Das Letras Galegas do 2014, dende os lugares da súa infancia ata o entorno onde pasou os seus derradeiros días, pasando polas paisaxes que inspiraron o seu tan aclamado poemario “Nimbos”. Comenzamos co traballo de espazos baleiros na fotografía onde o punto de partida foron os camiños do poeta que son, ao mesmo tempo, a realidade cotiá dos alumnos.

FUNDAMENTACIÓN

A fundamentación do proxecto baséase na localización do noso IES, no ámbito dunha poboación que foi a inspiración da poesía de Díaz Castro. A través do tema “Roteiros do Poeta Díaz castro” quixemos que os rapaces explorasen a realidade do entorno do Poeta homenaxeado este ano 2014 no Día Das Letras Galegas, dende os lugares da súa infancia, ata o entorno onde pasou os seus derradeiros días, pasando polas paisaxes que lle inspiraron o seu tan aclamado poemario “Nimbos”. Pensamos que o proxecto pode traballar co retrato de espazos baleiros na fotografía onde o punto de partida serán os camiños do poeta que son, ao mesmo tempo, a realidade cotiá dos alumnos.

ACTIVIDADES

  • Traballo coa páxina de fotografía en curso: análise de imáxenes no fondo de fotógrafos. Posta en común do grupo. Fomento da participación.
  • Etiquetado de diferentes imaxes co que suxiren. Traballo grupal e individual en varias sesión.
  • Traballo coa fotoproposta de Vari Caramés. Análise e etiquetado das imaxes. Establecemento de analoxías entre a onbra de Vari e os poemas de Díaz Castro.
  • Primeiras saídas a facer fotos polo centro. Seguimos a proposta de Espazos Valeiros.
  • Primeira visita de Vari Caramés: coñecemos a súa obra e ao fotógrafo.
  • Segunda visita de Vari Caramés: se traballa con imaxes dos alumnos, análise das mesmas, primeira saída do roteiro fotográfico pola zona de Sete Muíños.
  • Terceira visita de Vari Caramés: Análise e posta en común das fotografías xa feitas. Saída por equipos para traballar con cámaras de un só uso.
  • Traballo cos poemas de Díaz Castro. Búsqueda de analoxías entre imaxes e poemas concretos. Traballo con etiquetas e coa páxina de fotograía en curso.
  • Traballo co blog dentro da páxina de fotografía en curso. Presentación do grupo, diario do traballo e das experiencias vividas.
  • Realización de fotografías co grupo por distintas zonas relacionadas ca vida e obra do poeta: Vilariño, Os Vilares…
  • Visita de Vari Caramés: Análise do traballo feito. Resumo e selección de fotografías, posta en común.
  • Traballo coa selección de Vari Caramés: realización de fotografías nos mesmos lugares, planificación do traballo a facer, selección de textos de Díaz Castro e imaxes para ditos textos.
  • Edición das fotografías.
  • Montaxe da exposición.

RESULTADO

O alumnado descubriu, paso a paso, as posibilidades expresivas deste entorno. Asimesmo, fixemos fincapé na posibilidade dun diálogo entre dúas linguaxes artísticas: os textos de Díaz Castro e a poesía visual da fotografía como un traballo de dobre dirección.

Asimesmo, pensamos que a fotografía é un medio que pode actuar como elemento catalizador e dinamizador, plantexando unha amplia gama de situacións que axuden ao alumno/a a descubrir a través da fotografía os valores petrimoniais, culturais e paisaxísticos da súa contorna. Isto fai posible que o mozo adquira hábitos de aprezo da fotografía como feito artístico, a escoita, o costume de traballar en equipo e tomar decisións por consenso,etc. Tamén pode dotar aos alumnos dun coñecemento máis profundo da linguaxe e sintaxis da fotográfica, feito imprescindible nun mundo inminentemente visual. É precisamente a alfabetización visual un dos obxectivos prioritarios da materia de Educación Plástica e Visual na ESO.

Do percorrido a través das imaxes dos roterios do autor se fixo unha exposición este ano do centenario do autor homenaxeado, salientando a conexión emocional coa súa terra que se reflexa de forma tan profunda na súa poesía. E pensamos que ninguén mellor para artellar esas imaxes que os rapaces que naceron, viven e coñecen os camiños do autor das Letras Galegas 2014, porque son os seus.

Nos vídeos, montados en colaboración coa profesora de música Sandra Tenreiro e a biblioteca escolar do centro, podedes ver as fotografías resultantes do proxecto.