A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Sopa de versos – Titorial

  • Autoría
    Leticia Barbadillo, Cristina de la Torre
  • Ideal para
    Comprensión lectora, facer grupos
  • Materias
    Roteiros
  • Compartir en
    facebook, twitter

Esta actividade é a primeira parada do roteiro UN NENO DE ALDEA. Foi ideada para crear os grupos do roteiro divididos por cores. As guías do roteiro explícannos neste titorial como facer a actividade

PRESENTACIÓN

Pode un neno de aldea ser poeta? De seguro que si e Xosé María Díaz Castro foi un exemplo. Naceu en 1914 no Vilariño dos Cregos, en Guitiriz. Creceu na aldea, onde lle chamaban o neno Pepe. Despois foise estudar ó seminario a Mondoñedo e viviu en Vilagarcía e Madrid, pero sempre que podía volvía ó Vilariño, o lugar que lle inspirou versos como os que están nas tarxetas do xogo, que pola parte de.

ACTIVIDADE

Imos repartir unha tarxeta a cada participante. Nelas están os versos máis famosos de Díaz Castro divididos en tres partes. Cada unha das tarxetas ten unha parte. Hai que atopar as dúas tarxetas coas que se pode completar o verso. Para completalos hai que axudarse das cores e dos números. Por exemplo, se vos toca unha tarxeta amarelo 2, hai que atopar o amarelo 1 e 3 co que podan formar un verso.

CONCLUSIÓN

Os versos que formamos son parte do poemario Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida, xa que no 2014, cando se lle adicou o Día das Letras Galegas, publicáronse algúns poemas inéditos. Entre eles había versos da súa infancia que escribiu na aldea do Vilariño, inspirado polo mundo rural no que creceu.

A Lus do mundo_Sopa de letras_02

PASO A PASO NA VISITA GUIADA

  1. Preparar as tarxetas (e versos completos) necesarios para facer grupos
  2. Repartir a solución dos versos entre os anfitrións
  3. Benvida e presentación da actividade no bus
  4. Indicamos ós visitantes que vaian á capela onde o anfitrión da súa cor
  5. Repartimos as tarxetas do xogo mentres saen do bus alternando cores
  6. Fronte á capela animamos a actividade de formar os versos
  7. Ó rematar, poñémonos en círculo e cada grupo di o seu verso en alto
  8. Explicamos a conclusión e aclaramos que as cores son ós grupos
  9. Damos un mapa a cada grupo para que fagan a visita na súa orde
  10. Despedimos a actividade dándolles a benvida á aldea do neno Pepe
  11. Gardamos os resultados dos versos que tiñan os anfitrións

MATERIAIS NECESARIOS

  • Identificadores dos equipos cos versos detrás
  • A solución dos versos para os aniftrións
  • Un exemplar de Nimbos
  • Os 4 mapas para os grupos

NOTAS

  • Hai tarxetas identificadoras para un máximo de 60 participantes.
  • Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e facer as actividades de forma simultánea.
  • Os grupos deben ser mínimo de 8 persoas, podemos eliminar cores e facer menos grupos
  • Decidimos cantos grupos vai a haber e preparamos os versos necesarios de cara cor
  • Se o número de participantes non é múltiplo de tres os guías collen o verso sobrante
  • Levamos o poemario de Nimbos na man para amosalo.
  • Non entregamos os mapas ata o final para que estean expectantes á conclusión

DESCARGAS