A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A paisaxe do alumnado 2018

Neste roteiro recóllese a mirada do alumnado do IES Poeta Díaz Castro sobre o lugar onde viven e a súa paisaxe entendida como algo amplo: natural, social, arquitectónica, humana, económica, etcétera.

Realizouse na asignatura de Paisaxe e sustentabilidade de 2º de ESO. Recolle o que o alumnado considerou destacable sobre o lugar onde viven.

1. A Pígara

  • Ana Fernández preséntabos a súa aldea, A Pígara

Pígara é unha parroquia do Concello de Guitiriz. Ten aproximadamente 400 habitantes. A súa igrexa é de estilo románico

As festas fanse a último fin de semana de abril na honra á Virxe das Miragres e tamén a primeira fin de semana de xullo na honra a San Pedro. Outra festa que se celebra é a da Xuventude, entre os meses de outubro e novembro

Pola miña aldea pasa o río Ladra, concretamente por Santamariña. Alí temos unha gran diversidade de árbores: salgueiros, abedugos, carballos… Para cruzar o río temos unha ponte románica que hai un tempo se tivo que arranxar porque estaba a piques de caer.

Por Pígara tamén pasa o Camiño de Santiago, aínda que non pasa pola miña casa. Ademais temos un restaurador de coches. Coñecémolo todos e aen realidade é capaz de arranxar de todo. A poboación maior adicáse á gandeiría e ao agro, e o resto traballa fora da parroquia.

Por Ana Fernández.

2. Campo da Feira

  • Rodrigo Pumares presenta a igrexa de Santa María de Guitiriz

Estamos en Lagostelle, no centro da vila de Guitiriz, no chamado Campo da Feira.O máis importante aquí é a Igrexa de Santa María construida entre 1946 e 1968, con granito e pizarra local. Adosada á igrexa está a Casa das Monxas e tamén a Reitoral. 

Tamén é importante o reloxo analemático de sol que  que ocupa o chan de case toda a praza. Podes o aquí como funciona.

Por Rodrigo Pumares Guerrero.

3. Os sete muíños

  • Feifei Li presenta o área recreativa dos Sete Muíños, en Guitiriz

Os Sete Muíños, este lugar máxico no que o tempo parece que transcorre lentamente. Cando un disfruta o que fai, ou onde está, é como se o tempo pasase máis amodo. Podes quedar todo o tempo que queiras alí, porque a natureza acóllete.

Nos Sete Muíños, antes había unha actividade comercial con muíños e actualmente hai cinco deles, nos que quedan sete rodas (de alí o nome). Agora, é unha ruta de sendeirismo e tamén unha área recreativa para disfrutar individualmente ou coa familia.

A parte diso, este lugar é tamén parte da Reserva da Biosfera, xa que está dentro da Terra Chá. Pasa pola Ruta da Auga

e ten unha gran variedade de flora e fauna.

Por Feifei Li.

4. O muíño do señorito

  • Xoel Ferreiro amosa o entorno do Muíño do Señorito, en Parga
  • Así vai o caudal do río Requeixo no inverno
  • Así vai o caudal do río Requeixo no inverno
  • Así vai o caudal do río Requeixo no verán
  • Así vai o caudal do río Requeixo no verán
1/5

O muíño do Señorito, ubicado na parroquia San Salvador de Parga, deixou de funcionar hai 20 anos. Neste muíño, moíase centeo, millo e máis cousas, pero agora está abandonado.

No verán do 2018 tense pensado facer unha ruta xunto a este muíño e o río que o acompaña, unha máis das moitas rutas que hai en Guitiriz.

Mostramos fotos por dentro e por fora, no que aínda se conservan algunhas pezas do muíño, vello e onde moita xente ía moer alí o millo. Moi preto de aquí estivo no seu inicio a canteira de Parga, hoxe clausurada e aberta noutras zonas do Concello. Pareceme un lugar bonito e interesante.

Por Xoel Ferreiro.

5. A Pobra de Parga

  • Daniela García presenta a vila de Parga e a súa feira

A Pobra de Parga é unha vila do concello de Guitiriz pero, de que a coñecemos? Da feira, mais sabémolo todo da feira? Ten cousas que a fan única coma os pendellos ou o uso do tren.

Parga estase a quedar sen xente, mais por que? Con este colexio que alí teñen, tan grande e bonito, do que nos fala no vídeo a súa directora… Que pai non querería que os seus fillos estudaran alí?

Por Daniela García.

6. O Couce

  • Uxía Núñez preséntanos a actividade gandeira de O Couce

O Couce ten grandes explotacións gandeiras. Ten uns grandes prados para alimentar aos animais, colleitar, etcétera. A mín gústame moito porque é moi tranquilo e está rodeado de natureza.

A meirande parte dos gandeiros adícanse á producion leiteira excepto no monte comunal, onde entre todos os veciños teñen vacas de carne.

 

Grazas á xente que traballa neste entorno temos a oportunidade de poder explorar a naturaleza e desfrutar dos animais.

Por Uxía Núñez.