A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Cartas dende a fronte

Meterse na pel dos homes e mulleres que viviron  A Gran Guerra. Isto foi a que fixemos na clase de Historia de 1º de BAC onde recreamos historias reais ou inventadas entre os soldados e as súas mulleres, noivas nais irmás.

A proposta consistíu en imaxinar unha personaxe e a súa vida vinculándoa cun contexto real para dotalo de credibilidade e facer un exercicio de falso documental que nos axude a entender a época que viviron.

1. Nerys escribe ó seu mozo Charles

  • Esta é a carta que Nerys Campbell escribiu ó seu mozo durante a Guerra Mundial
  • Nerys pertencia a unha familia de ricos industrial de Escocia
  • Nerys e Charles coñecéronse en Abeerden a principios do século XX
1/3

Nerys Campbell, prometida do poeta Charles Sorley, intercambiou numerosas cartas co seu amado durante a Primeira Guerra Mundial, cando él estaba na fronte. A xoven británica naceu en Glasgow (Reino Unido) o 13 de outubro de 1897, nunha  familia adiñeirada propietaria de fábricas.

Recibeu unha educación exemplar na Universidade de Oxford. Herdeira da industria metálica Campbell que tiña a súa sede en Glasgow. A súa familia era propietaria doutras industrias en Aberdeen, onde a familia pasaba o verán. Alí vivía Nerys cando coñeceu ó seu prometido Charles antes da Primeira Guerra Mundial.

Xuntos pasaban os veráns lendo e falando sobre a sociedade da época, de esto último consérvanse algúns escritos. Despois da morte do seu prometido, refuxiouse nos estudos e converteuse nunha das primeiras mulleres cunha carreira universitaria aínda que  nunca exerceu o seu traballo xa que viveu da riqueza da súa familia.

Casou cun amigo da infancia pouco despois da morte do seu prometido co cal criaron ao seu único fillo (que era fillo de Charles) . Morreu en Aberdeen no 1978 con 81 anos de idade deixando como único legado ao seu fillo co poeta e as cartas que compartían.

Ver a carta

Unha historia de María Ansende e Iria Calvo.

2. Charles escribe á súa moza Nerys

  • Carta de Charles Hamilton Sorey á súa amada Nerys.
  • Charles H. Asorey estudaba en Alemaña cando Inglaterra entrou na guerra
  • Con boa formación e de familia adiñerada, ós vinte anos xa era capitán do exército inglés
  • Pasou a maior parte da Guerra na fronte francesa, dende onde escribía cartas e poemas
  • Morreu na batalla de Loos, narrada en primeira persoa polo tamén poeta Robert Graves
1/5

Charles Hamilton Sorley combateu na Primeira Guerra Mundial como capitán no bando británico. Durante este tempo, comunicouse coa súa prometida Nerys Campbell mediante cartas. Sorley naceu en Aberdeen (Escocia) nunha familia adiñeirada e foi criado cunha educación protestante. Sempre tivo predilección pola poesía e isto levouno a converterse nun recoñecido poeta británico.

Antes de obter unha beca para estudar en Oxford, pasou seis meses en Alemaña estudando alemán e finalmente matriculouse na Universidade de Jena e estudou alí ata que foi detido en Tréveris, no momento no que Gran Bretaña lle declarou a guerra a Alemaña e tivo que abandoar o país. Cando voltou a Inglaterra entrou no servizo militar, ao pouco tempo chegou ata o Frente occidental francés; no seu 20 cumpreanos ascendeu a capitán.

Morreu en combate o 13 de Outubro de 1915, na Batalla de Loos, cerca de Hulluch onde recibiu un disparo na cabeza por un francotirador alemán. O seu último escrito foi unha carta que recibiu a súa prometida, que incluía uns versos cos que foi enterrado e os cales se convertiron na súa máis significativa creación.

A batalla de Loos, enfrentou tropas británicas , dirixidas polo comandante Douglas Haig e o capitán Charles Hamilton, e as tropas alemanas. Os planes de batalla foron limitados pola pouca artillería, o que significou que o bombardeo preliminar, esencial para o éxito na guerra de trincheiras, foi débil, pero conseguiron revatelo liberando 140 toneladas de gas cloro.

A batalla comezou o 25 de setembro, os británicos conseguiron atravesar as débiles trincheiras alemanas e capturar o pobo de Loos. Sin embargo o problema de suministro e comunicacións e a tardía chegada de relevos fixo que este asalto non se puidera aproveitar . Cando se retomou a batalla ao día seguinte os alemáns estaban preparados e rechazaron os intentos de continuar o avance. A loita acabou o 28 de septembro cos británicos retirándose as súas posicións iniciais. Nesta batalla morreron persoas importantes como o poeta Charles Hamilton ou o irmán da reina Fergus Bowes Lyon. A información que obtemos desta batalla é grazas ao poeta Robert Graves que sobreviveu e contou o sucedido na súa autobiografía.

Podes ler a carta aquí. 

Unha historia de María Ansende e Iria Calvo.

3. Nikolai escribe á súa filla Svetlana

  • Nikolai, un campesiño ruso, escribía á súa filla celebrando que ainda seguía vivo
  • Nikolai Petrov nacera en Rodinka no 1888 e tiña vinteseis anos cando estalou a guerra
  • Interveu na ofensiva Brusilov sobrevivindo na fronte ás duras condicións da Rusia invernal
1/3

Nikolai Petrov era un campesiño ruso nacido en Rodinka no 1888, un pequeno pobo relativamente cerca de Moscova. Durante a guerra participou na ofensiva Brusílov e comunicouse coa súa filla enviándolle cartas nas que lle transmitía as súas vivencias , xa que a súa muller Alexandra Ivanova era analfabeta. Aquí podes ler unha das cartas que lle enviou á súa filla.

Unha historia de Rubén Balsa e Óscar López-Felpeto.

4. Svetlana escribe ó seu pai Nikolai

  • Svetlana relátalle as novidades da casa ó seu pai na fronte
  • Svetlana era a única da súa casa, aparte de seu pai, que sabía escribir
  • Naceu nun ambiente rural da Rusia de principios do século XX
  • Ante ao malestar da súa nai foi a encargada de coidar da casa e de seu irmán pequeno
1/4

Svetlana Petrova era unha campesiña rusa humilde. Filla de Nikolai Petrov, co que intercambiou cartas durante a estancia deste na Primeira Guerra Mundial, e de Alexandra Ivanova. Podes ler aquí unha das cartas que lle mandou ao seu pai con dez anos.

Unha historia de Rubén Balsa e Óscar López-Felpeto.

5. Markus escribe á súa moza Annika

  • Markus, un xoven alemán, escríbelle dende a fronte a Annika en 1918
  • Antes da Guerra traballaba nunha fábrica, onde coñeceu a Annita
  • Unha das batallas nas que participou foi a do Marne
1/3

Markus Fellner naceu nunha familia de clase obreira o 8 de marzo de 1896, en Hessen, Alemaña. Tivo que comezar a traballar nunha fábrica textil recollendo os fíos do chan aos 10 anos. Cando medrou e xa non collía debaixo dos teares, pasou a traballar nas caldeiras. Na fábrica coñeceu a Annika aos 14 anos, gustáronse e fixéronse mozos. Co inicio da guerra tivo que marcharse a loitar pola patria.

Foron uns anos duros para el, pero tivo a sorte de sobrevivir, aínda que perdeu a visión do ollo dereito e quedáronlle secuelas psicolóxicas pola dureza da guerra. Esta é a carta que lle enviou á súa moza.

A Segunda batalla do Marne comezou o 15 de xullo de 1918, cerca do río Marne. O seu antecedente foi a ofensiva alemá na primavera de 1918. Enfrontáronse Francia, Italia, Reino Unido, e Estados Unidos contra Alemaña. Despois do primeiro día, os alemáns avanzaron 15 km e lograron cruzar o Marne. A Entente detén este avance o 17 de xullo.

O 18 de xullo, a Entente decide atacar aos alemáns, e fai que retrocedan o que avanzaran o 15 de xullo. O 20 de xullo, os alemáns declaran a súa retirada, e o 3 de agosto volven a estar onde comezara a batalla; nos ríos Aisne e Vesle. O 6 de agosto os aliados contraatacan, pero os alemáns resisten, aínda que acabaron retirándose da fronte occidental.

Unha historia de Mónica Filgueiras e Antía Sánchez.

6. Annika escribe ó seu mozo Markus

  • Annika escribe ó seu mozo dende Hessel, onde se adica a fabricar uniformes
  • Ao pouco desta carta remata a guerra e Markus regresa formando unha familia con Annika
1/2

Annika Schrader naceu nunha familia obreira en Hessen (Alemaña) o 19 de febreiro de 1898. Traballaba nos teares dunha fábrica téxtil, onde coñeceu a Markus. Esta é a carta coa que lle respondeu a Markus.

A nenez de Annika tampouco foi doada, debido a que comezou a traballar aos 12 anos na fábrica téxtil. Ao estalar a guerra, tivo que asumir dobre tarefa nas caldeiras, debido á ausencia dos homes. Casou con Markus no ano 1920, e tiveron 4 fillos xuntos.

Unha historia de Mónica Filgueiras e Antía Sánchez.

7. Amelia escribe ó seu irmán Henry

  • Amellia naceu en Birmingham e durante a guerra traballou nunha fábrica de armas
  • Co seu irmán na fronte e seu pai enfermo, ela era, xunto coa nai, a que mantiña a familia
1/2

Amelia Bradley era unha rapaza que naceu o 1 de decembro de 1896 en Birmingham, vivía nunha casa xunto cos seus pais e os seus irmáns, dous rapaces e unha rapaza. Amelia traballaba nos labores da casa axudando á súa nai, mentras que seu pai e seu irmán ían traballar á mina de carbón.

Cando estralou a guerra, o seu irmán Henry alistouse no exército. Despois, seu pai caeu enfermo e Amelia tivo que poñerse a traballar na fábrica de granadas de man Mill, xunto coa súa nai. Elas dúas levaban os cartos a casa para manter ós seus irmáns menores e ó pai enfermo.

Cando rematou a guerra Amelia casouse cun mineiro do seu mesmo pobo co que logo tería dous fillos. Amelia morre o 23 de xullo de 1937 ós 40 anos de idade debido a unha enfermidade. Esta é unha das cartas que enviou ó seu irmán na fronte.

Unha historia de Rubén Balsa e Martín Pereira.

8. Henry escribe á súa irmá Amelia

  • Henry Bradley estivo na batalla do Somne, unh das máis sangrientas da Historia
  • Procedía dunha familia humilde de Birminghan onde deixou ós seus pais e tres irmáns
  • A pesares da difícil situación, Henry sobreviviu á Guerra e regresou á casa
1/3

Henry Bradley, un mineiro de carbón nacido en Birmingham, loitou na batalla de Somme a pesares da súa inexperiencia militar. Voltou á súa casa ao rematar a guerra con varias feridas por todo o corpo. Durante a guerra, escribíase coa súa irmá Amelia que se encontraba cuidando da casa.

A batalla de Somme comezou o 1 de xuño de 1916 e foi unha das máis longas e sanguentas da Primera Guerra Mundial. Francia e Reino Unido decidiron iniciar a ofensiva do Somme, unha operación contra o sector norte da fronte alemá. O obxectivo era penetrar en territorio xermano, abrir unha fenda e debilitar a capacidade militar do seu exército.

Catro meses e medio e un millón douscentos mil mortos despois, a batalla do Somme concluíu. A maior e máis sanguenta ofensiva da historia hasta o momento saldouse con escasos resultados xa que os aliados recuperaron escasos seis kilómetros de territorio francés.

Ver a carta

Unha historia de Rubén Balsa e Martín Pereira.

9. Bastian escribe á súa irmá Grete

  • Bastian escribe á súa irmá pedíndolle folgos e anunciándolle que perdera a pista do pai
  • Bastian traballaba nunha fábrica téxtil antes de ser alistado no exército alemán
  • Os alemáns foron derrotados por tropas francesas e estadounidenses en Marne
1/3

Bastian Fisher era un obreiro alemán que loitou na segunda batalla de Marne durante a Primeira Guerra Mundial, cando tiña 26 anos. Escribiulle á súa irmá pequena, Grete Fischer.

Antes de ir á guerra, traballaba nunha fábrica téxtil e vivía en Múnich cos seus pais, as súas tres irmáns menores e a súa muller, quen quedou embarazada antes de que el partira á guerra.

Os Fischer eran unha familia de clase obreira e polo tanto non tiñan moitos recursos, polo que as súas irmás tiñan que traballar. Bastian nunca regresou á casa e o seu corpo non se atopou.

A batalla de Marne tivo lugar entre o 15 de xullo e o 6 de agosto de 1918. Nela enfontáronse os exércitos alemáns e franceses. Aconteceu no frente occidental e rematou coa vitoria francesa e estadounidense. Esta batalla causou moitas mortes no bando alemá e a derrota de Alemaña nesta batalla supuxo o comenzo do avance aliado.

Ver a carta

Unha historia de Andrea Amendedo e Thalía Fernández.

10. Grete escribe ó seu irmán Bastian

  • Grete Fisher conta ao seu irmán os detalles do seu traballo nunha fábrica de uniformes
  • Grete tiña dez anos cando sobrevivía na Alemaña da Gran Guerra
  • O traballo infantil era habitual na Europa de principios do século XX
1/3

Grete era a irmá menor de Bastian Fischer, un soldado alemán que loitou durante a Primeira Guerra Mundial na segunda batalla de Marne. Tiña dez anos cando todo isto sucedeu.

Tras a marcha do seu irmá maior e do seu pai, segue vivindo en Múnich coa súa nai e coas súas dúas irmáns maiores. Traballaba nunha fábrica téxtil, que ao comezar a guerra se convirte nunha fábrica de uniformes para os soldados alemáns. Este traballo rematou coa súa vida, debido as malas condicións que había na fábrica. Esta é última carta que enviou ao seu irmá.

Unha historia de Andrea Amendedo e Thalía Fernández.

11. Adrien escribe á súa irmá Brenda

  • Adrien era un xoven británico de Leeds que loitou na Mariña

Adrien naceu en Leeds en 1890. Durante a súa infancia traballou nunha fábrica textil. Conviveu nunha familia a cal tiña unha posición socioeconómica moi baixa, por iso todos tiveron que traballar para poder alimentarse día a día.

En 1915, con 25 anos, e tivo que formar parte da Mariña, que ese ano se enfrontaría á mariña alemá na Natalla do Banco Dogger. Nesta batalla tiña o papel de soldado dentro dun destructor. Ao finalizar a batalla, que gañaron os ingleses, volveu a súa cidade e retomou o seu ritmo de vida. Finalmente en 1947, con 57 anos, morreu por neumonía.

En 1915, os británicos decidiron poñer fin ás actividades da Mariña Imperial Alemá no Mar do Norte. A Batalla do Banco Dogger foi un encontro bélico naval entre as armadas do Reino Unido e do Imperio alemán. Tivo lugar cerca do Banco Dogger, no mar do Norte, o 24 de xaneiro de 1915, durante a Primeira Guerra Mundial, resultando tácticamente vencedora a Mariña Real Británica.

Nesta batalla o Reino Unido foi dirixido por David Beatty e contou con 5 cruceiros de batalla, 7 cruceiros lixeiros e 35 destructores. Mentres o imperio alemán foi comandado por Franz von Hipper e contou con 3 cruceiros de batalla, 1 cruceiro acorazado, 4 cruceiros lixeiros e 18 destructores. Esta batalla supuxo baixas importantes: no bando británico, 1 cruceiro de batalla, 1 destructor, 15 mortos e 21 feridos. Mentres no bando alemán houbo 1 cruceiro acorazado, 1 cruceiro de batalla, 974 mortos e 260 feridos.

Ver a carta de Adrien á súa irmá Brenda

Unha historia de Adrián Vázquez e Iván Torres.

12. Brenda escribe ó seu irmán Adrien

  • Brenda naceu e creceu en Leeds onde traballou nunha fábrica de téxtil

Brenda naceu en Leeds en 1895. Tiña 20 anos cando comezou a guerra. Traballou toda a sua infancia nunha fábrica téxtil co seu irmán Adrien, ata que éste tivo que ir á fronte.

Cando seu irmán tivo que ir a Batalla do Banco Dogger, tivo que poñerse a cargo do traballo de seu irmán e ter as responsabilidades que el tiña. Nesta batalla preocupouse moito por Adrién xa que non sabía se o volvería ver. En 1955, con 60 anos, morreu por unha enfermidade.

Ver a carta de Brenda a Adrien.

Unha historia de Adrián Vázquez e Iván Torres.

13. Louis escribe á súa filla Annete

  • Louis Ferréol foi médico destacado na fronte occidental en Francia
  • Participou na Batalla do Marne na que morreron un millón de soldados
1/2

Louis Ferréol foi un médico francés que estivo curando feridos na fronte occidental durante a Primeira Guerra Mundial.

Durante a guerra intercambiou cartas coa súa filla Annete Ferréol Fiquet. Alí coñeceu moitos soldados do exército francés, algún deles era un amigo ou veciño da súa familia.

Ferréol estivo na Primeira Batalla do Marne na que se enfrentaron as tropas francesas e alemás. A batalla foi do 5 ao 12 de setembro de 1914, gañaron os aliados e freando o avance alemán a traveso de Francia. Interviron aproximadamente dous millóns de soldados, dos cales morreron un millón.

Aquí

está a carta que lle enviou á filla.

Unha historia de Iván Amenedo e Alejandro Rivera.

14. Annete escribe ó seu pai Louis

  • Annete Ferréol naceu en Francia e era enfermeira. Cando comezou a Gran Guerra tiña 22 anos

Annete Ferréol Fiquet, naceu o 22 de Xullo de 1892 en París (Francia) e morreu o 8 de Decembro de 1943 en París, con 51 anos de idade. Filla de Louis Ferréol, médico francés e Viviane Fiquet, estudou enfermería en París donde rematou os seus estudos en xuño de 1914, xusto dous meses antes de que empezara a Primeira Guerra Mundial.

O pai Louis Ferréol, en Agosto dese mesmo ano tivo que ir a guerra donde estivo no frente como médico curando aos feridos. Annete comezou a traballar nun hospital e a sua nai Viviane comezou de contable nunha industria de París de armas e municións para a guerra.

Esta é a carta que lle enviou ó seu pai.

Unha historia de Iván Amenedo e Alejandro Rivera.

15. Raphael escribe á súa nai Filippa

  • Filippo Buonarroti loitou na Batalla de Caporetto, nunha zona montañosa

Raphael Bounarroti Sanzio, naceu en Venecia o 18 de Marzo do 1897. Fillo único de nai solteira, Filippa Bounarroti Sanzio. Ao rematar os seus estudos básicos casou con Francesca Bianco Greco, coa que tivo un fillo.

Durante a Primeira Guerra Mundial loitou contra o imperio austrohúngaro, concretamente na Batalla de Caporetto (1917). Durante esta batalla escribiulle numerosas cartas á súa nai. Morreu nes abatalla o 24 de outubro de 1917.

A batalla de Caporetto foi tan dura coma as demais, coa particulariedade de que o terreo contaba con grandes cadeas montañosas. Aínda así había lugares de máis fácil acceso para o paso dos soldados. Comezou o 24 de outubro de 1917. Despois dunha dura loita as tropas austroalemanas conseguiron romper o frente italiano e avanzar uns 20 km en territorio italiano. O xeneral italiano ordeou que os soldados non se retiraran, pero ao día seguinte as tropas italianas estaban destruidas totalmente.

Esta é unha das cartas que escribiu Raphael.

Unha historia de Andrea Pérez.

16. Filippa escribe ó seu fillo Raphael

  • O fillo de Filippa loitou na batalla de Caporetto

Filippa Bounarroti Sanzio é a nai solteira do soldado italiano Raphael Bounarroti, que morreu na batalla de Caporetto en 1917. Esta é unha das cartas que escribe ó fillo.

Unha historia de Andrea Pérez.