A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A paisaxe do alumnado

Neste roteiro recóllese a mirada do alumnado do IES Poeta Díaz Castro sobre o lugar onde viven e a súa paisaxe entendida como algo amplo: natural, social, arquitectónica, humana, económica, etcétera.

Realizouse na asignatura de Paisaxe e sustentabilidade de 2º de ESO. Recolle o que o alumnado considerou destacable sobre o lugar onde viven. O obxectivo é continuar cartografando o universo chairego dende o seu peculiar prisma.

1. Porta Fraxeira, Guitiriz

  • Moi poucos trens paran xa en Guitiriz. Vídeo: Kevin Guizán
  • A vía do tren no seu paso por Guitiriz. Foto: Kevin Guizán
  • A vía do tren no seu paso por Guitiriz. Foto: Kevin Guizán
1/3

Guitiriz e o tren, por Kevin Guizán

Por diante da miña casa para o tren. A vía do tren de Guitiriz inaugurouse o 10 de outubro e 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo que unía A Courña con Palencia. A compañía dos ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foron os encargados das obras.

Outra das cousas que se pode visitar na vila é a Casa dos Condes, un antigo aeroporto militar que se empregou na II Guerra Mundial. Unha ruta moi bonita que s epode facer é a Ruta da Auga que comeza nos Sete Muíños e ten vinte quilómetros de distancia.

2. Avenida de Lugo, Guitiriz

  • Aínda se conserva esta fonte do vello balneario. Foto: Alba Folgueira
  • O restauración do balneario foi en 1970. Foto: Alba Folgueira
1/2

O Balneario de Guitiriz, por Alba Folgueira

Vivo na Avenida de Lugo, a antiga Nacional VI que atravesa Guitiriz. Esta zona está dentro da parroquia de San Xoan de Lagostelle e moi preto da miña casa está o Balneario Guitiriz. As propiedades das aguas da fonte de San Xoán de Lagostelle, descubertas a principios do século XVII, foron recoñecidas en 1902. Está levantado sobre un edificio de principios do século XX, obra do arquitecto Juan Álvarez de Mendoza, que mantén a sua estrutura orixinal. Ocupa unha superficie de 4.000 m2. Este hotel balneario foi reconstruido no 1970.

3. Rúa do Concello, Guitiriz

  • «O primeiro alcalde da democracia era coñecido de meu pai». Foto:Yani Otero
  • «Este é o camiño por onde vou ó instituto». Foto: Yani Otero
  • «Este casa abandonada está ó lado da miña». Foto: Yani Otero
  • «Esta finca é de meu pai e aquí xogaba». Foto: Yani Otero
  • «En Xermolos podes coller libros e usar ordenadores». Foto: Yani Otero
1/5

Guitiriz, Xermolos e sardiñas. Por Yani Otero

A vila onde eu vivo conta cunha figura moi coñecida que é Alfonso Blanco Torrado, profesor xubilado, sacerdote e fundador e presidente da Asociación Cultural Xermolos. Esta asociación celebra ás veces reunións na Casa das Palabras, un edificio de uso cultural, situado preto da miña casa. Dende a miña ventá vexo a Casa do Concello e a pouca distancia atopamos a praza onde se celebra o mercado todos os mércores.

Nestas rúas a actividade económica máis común é a hostelería. Convídovos á festa do San Xoán, a comer as sardiñas e saltar as fogueiras; a pasear pola Ruta do Auga ao pé do río; e mais a visitar os Sete Muíños, que é un paseo fluvial.

4. Rúa Boa Veciña, Guitiriz

  • Os carballos do Campo da Feira de Gutiriz teñen nome. Foto: Manuel Lorenzo
  • Estas árbores teñen máis de cincuenta anos. Foto: Manuel Lorenzo
  • O Campo da Feira está xunto á igrexa de Guitiriz. Foto: Manuel Lorenzo
  • Reloxo solar do Campo da Feira. Foto: Manuel Lorenzo
1/4

Tacolo e o reloxo solar, por Manuel Lorenzo

Eu vou falar do reloxo solar do campo da feira. Este non é moi común, pois aínda que o seu funcionamento é o mesmo ca os demais ten unhas excepcións. Tes que situarte sobre a figura central do oito constituída por números tendo en conta o día e o mes do día. Entón a túa sombra proxectarase sobre a hora actual. A excepción antes mencionada é que varía depende de se é inverno (1h 32 min. máis) ou verán (2h 32 min. máis).

As árbores que escollín son dous carballos situados entorno a zona central xunto ao parque é a estatua do parque. Cando era máis pequeno estas árbores eran máis pequenas e meu avó recorda que cando tiña sobre 40 anos estas árbores xa estaban aló, aínda que non moi grandes. Grazas a isto calculo que ambalas dúas terán 50 anos tendo en conta tamén a maneira de calcular a idade das árbores. O primeiro carballo que aparece ten como nome Tacolo, aínda que a xente púxolles algúns nomes máis eu quedome con este pois penso que é un bo nome para unha árbore. Do segundo carballo non atopei nome aínda que seguro que o ten. Hai moitas árbores en Guitiriz e moitas con nome coma estas dúas que investiguei eu.

5. Curro Vello, Guitiriz

  • A capela do Curro Vello. Foto: Francisco Amenedo
  • A Casa Barxa. Foto: Francisco Amenedo
  • A fonte do Curro Vello. Foto: Francisco Amenedo
  • O Bar Pepe. Foto: Francisco Amenedo
  • Panadería David, onde se mercan as tortas de Guitiriz. Foto: F. Amenedo
1/5

Que ver no Curro Vello. Por Francisco Amenedo

Recoméndoche visitar o Curro Vello (Guitiriz). Aínda ten uns cantos habitantes. A súa capela é de principios do século XX e os propietarios actuais son os donos da Casa Barxa.  Foi restaurada recentemente. Trátase dun edificio moi sinxelo que contén no seu interior un retablo coas imaxes da Virxe, San Xosé co Neno, Cristo Salvador e o Ecce Homo.

Na fonte faise a festa da espuma dos nenos pequenos, que se celebra o día da festa. A Casa Barxa, o Bar Pepe e a Panadería David, famosa polas saborosas tortas de millo,  son outros dos lugares de interese. Por último, non te debes perder a Festa do Ecce Homo que se celebra o día 14 de setembro, xusto antes do comezo das clases.

6. Avenida da Coruña, Guitiriz

  • Avenida da Deputación de Guitiriz. Foto: Alexia Rey
  • Avenida da Deputación de Guitiriz. Foto: Alexia Rey
1/2

Preto da miña casa, por Alexia Rey

Preto da miña casa hai moitas cousas para descubir, dende lugares ata lendas que só coñecen os veciños máis maiores da zona. Imos comezar falando dunha asociación chamada Xermolos. Traducese ó castelán como gérmenes e naceu en 1976, cando se chamou Raíces e Cañotos. Xermolos creou a primeira Escola de Música Tradicional.

 

Na miña zona hai moitos locais de ocio. Temos o Bar Pepe, que ten moi boa comida e mais é pensión. Xusto ao lado temos a Casa Barxa, un sitio moi tranquilo para tomar algo. Se queres mercar a famosa torta de Guitiriz recoméndoche a Panadería David, que está xusto ao lado do Bar Pepe. Se queres un sitio para a educación dun neno hai un colexio, o CEIP Plurilingüe Lagostelle e ao lado, para que se divirtan cando salgan do colexio, hai un parque que ademais foi reformado hai aproximadamente dous anos.

A cincocentes metros hai unha ponte chamada a Ponte de Dá

. Se che gustan as festas, as máis populares na zona son o San Xoán e a festa do Ecce Homo. Tamén está a fonte de San Blas onde antigamente se podía beber, pero agora xa non porque xa non é potable, pero é un sitio moi fermoso.

7. Rúa Deputación, Guitiriz

A igrexa de Lagostelle, por Cristian Ansede

Eu vivo na rúa Deputación na parroquia de San Xóan de Lagostelle. Un dos edificios máis importantes desta zona é a igrexa de Lagostelle, que está xusto ao lado da miña casa. Foi construída entre o ano 1949 e 1968. Aquí fixen a comunión e acudín a moitas celebracións familiares.

Antes había outra igrexa ás aforas da vila, pero tras o aumento da poboación considerouse que sería necesario unha moito máis grande. A antiga igrexa aínda se usa, pero só en casos especiais. Pé de foto: A Igrexa de San Xoán de Lagostelle. Punto de encontro entre os veciños.

8. Rúa Amizade, Guitiriz

  • Ruinas da discoteca Display en Guitiriz. Foto: Zahira Gómez
  • Ruinas da discoteca Display en Guitiriz. Foto: Zahira Gómez
  • Ruinas da discoteca Display en Guitiriz. Foto: Zahira Gómez
  • Antigo hotel Lizarro en Guitiriz. Foto: Zahira Gómez
1/5

As ruínas da movida, por Zahira Gómez

O meu nome é Zahira Gómez García. Vivo na Rúa Amizade. Eta rúa foi unha das máis populares de Guitiriz, xa que contaba cun restaurante que hoxe segue a funcionar, unha discoteca das máis famosas de Galicia chamada DisPlay, que agora mesmo está en ruínas. Xusto ao lado, hai un hotel, o Lizarro, tamén en ruínas e que era do mesmo dono.

9. A Ventisca, Buriz

  • Antiga escola da Ventisca, xunto ó Buriz. Foto: Antía Rodríguez
  • Igrexa do Buriz. Foto: Antía Rodríguez
  • Campo da Festa do Buriz. Foto: Antía Rodríguez
1/3

A escola pechada, por Antía Rodríguez

A casa das miñas tías está na Ventisca, na parroquia do Buriz. Preto da súa casa podemos atopar varios lugares interesantes. Un deles é unha escola que está xusto diante da casa. Nela estudou unha das miñas tías cando era pequena e alí foi onde eu fixen o prescolar.

Esta escola estivo varios anos cerrada e actualmente o concello a usa para distintas actividades, como dar clases de baile. Ao lado da escola hai un terreo ao que os veciños lle chamamos o campo da festa debido a que é onde se celebran todas as festas do Buriz. Preto hai unha igrexa na que se pode ir ver o Belén nos días de Nadal e Ano Novo.

10. San Pedro do Buriz

  • O Buriz celebra catro festas ó ano, entre elas a do Carme. Foto: Saray Pérez
  • Nas festas do 2017 o programa do carme incluiu unha "liscada". Foto: Saray Pérez
1/2

As festas do Buriz, por Saray Pérez

O último fin de semana de abril celébrase o Carmio na honra da Virxe do Carme, e que no 2017 incluiu unha gran liscada o venres. Outra festa que celebra é o San Pedro, o primeiro fin de semana de xullo. Arredor do 15 de agosto celébranse as romaxes de San Nicolás e San Lorenzo. Nesta última fanse rutas cabalares, comidas, xogos para nenos, carreiras de quads, carreiras de cabalos e, pola noite, unha gran verbena.

Ademáis de festas, nesta pequena aldea hai unha igrexa, unha granxa de vacas de produción leiteira, unha casa abandonada e aínda hai unha escola pero que xa non se usa. Antes habia unha fonte que botaba auga pero a día de hoxe xa non bota. Na casa abandonada vivía un matrimonio que tivo que emigrar a Arxentina (no 1935) e dende aquela non volveron. Na igrexa hai misa tódolos domingos, algún día tamén hai bodas, bautizos, comunións e enterros.

11. Xestoselo, Buriz

  • Esta capela está na casa de Daviz en Xestoselo. Foto: David Vázquez
  • A capela foi afectada polo terremoto de 1997. Foto: David Vázquez
1/2

A capela da miña casa, por David Vázquez

A miña casa ten unha capela construida en 1866 e estámola restaurando para devolvela ó seu aspecto orixinal. Posiblemente a capela foi afectada polo terremoto de 1997Era o meu lugar de xogo de pequeno batendo cunha pelota contra a parede.

Aquí son o único neno do lugar. Hai carballos, plantacións de eucaliptos e unha mimosa que é o primeiro que brota na primavera. Nesta aldea so hai seis persoas, catro delas maiores de 65 anos.

12. Os Castros dos Vilares

  • Alpendre da igrexa dos Vilares. Foto: Carla Teijido
  • Os tres cruceiros, a crucifixión de Cristo e os tres ladróns. Foto: Carla Teijido
  • Entrada ó cemiterio dos Vilares. Foto: Carla Teijido
  • Cruceiro no atrio da igrexa dos Vilares. Foto: Carla Teijido
1/4

A igrexa dos Vilares, por Carla Teijido

Ola! Chámome Carla Teijido. Vivo nos Castros número 4, na parroquia dos Vilares, en Guitiriz. Ao meu redor viven os meus veciños e familiares. A un quilómetro atópase a Igrexa dos Vilares, nas Reixas, e os tres cruceiros. Na miña aldea practícase a gandaría, a agricultura, a mecánica e a hostelería. Existe unha grande variedade de árbores. Fálase galego e castrapo.

Celébrase a festa de San Vicente o 22 e 23 de xaneiro, a Pascua en Semana Santa e a Ruta Cabalar, o último día de semana de maio.

13. Porto Recimil, Mariz

  • O muíño de Anxeriz en Porto Recimil. Foto: Gabriel Carcía
  • O muíño de Anxeriz en Porto Recimil. Foto: Gabriel Carcía
  • O muíño de Anxeriz en Porto Recimil. Foto: Gabriel Carcía
  • O muíño de Anxeriz en Porto Recimil. Foto: Gabriel Carcía
1/4

O muíño de Anxeriz, por Gabriel García

Porto Recimil é a pequena aldea onde eu vivo. Aquí abundan as fincas de cultivos. Dende o meu punto de vista, o máis interesante son os muíños, hai arredor de dez pero algúns non teñen as pedras de moer e outros téñenas, mais non funcionan.

O único muíño que traballa é o de Anxeriz en Friol. Saqueille fotos por dentro a este muíño de Anxeriz porque conserva as pezas de moer. É un muíño con moita historia, hai moitos anos a xente ía moer alí, pois preto había unha canteira onde traballaban bastantes veciños.

14. Castrobó, Villarraso

O árbol de Castró, por Santiago Pereira

Vivo en Castrobó, que pertence á parroquia de Villarraso, no Concello de Aranga. Xunto á miña casa hai un árbol onde eu xogaba de pequeno, tamén o usaba de columpio e ía alí cos amigos, tanto pola mañá como pola tarde. Nesta aldea había pouquiños nenos. Eu son un deles, pero antes viña xente doutros lugares, nenos, adultos… Ó lado desta aldea hai un fermoso bosque a onde vou cando me aburro.

15. O Vilar

  • O Vilar. Foto: Sheyla Abad
  • O Vilar. Foto: Sheyla Abad
  • O Vilar. Foto: Sheyla Abad
  • O Vilar. Foto: Sheyla Abad
  • O Vilar. Foto: Sheyla Abad
1/5

A aldea dos avós, por Sheyla Abad

A miña parroquia chámase O Vilar. Encántame, e cando vou visitar alí ós meus avós son feliz. A maioría da xente traballa no rural, atendendo ao gando, o agro… Hoxe ten bastante sona, pois por alí pasan moitos peregrinos, xa que é percorrido do Camiño de Santiago. Os montes e muíños son o atractivo principal. Dous dos montes máis famosos son o da Cova da Serpe e o de Lobateiras que teñen cadansúa lenda. Vide visitarnos!

16. Casacamiño, Cambás

O meu lugar, por David Sanmartín

Vivo no lugar de Casamaciño, parroquia de Cambás, Concello de Aranga. No meu lugar hai bastantes hórreos e case todos os veciños teñen un. Hai un cumio preto da miña casa dende onde se ve o mar da Coruña. Tamén coñezo a lenda da pisada de Roldan que conta que luchou contra Hércules.

O lado hai unha capela. Aquí toda a xente ten unha explotación gandeira e temos unha cooperativa. A paisaxe é bastante fermosa e hai tres festas da parroquia que son: a Festa da xuventude, a Festa de San Pedro, e a Festa da Virxen da Angustia. Tamén temos unha biblioteca.

17. Baxoi, Trasparga

  • Casa abandonada en Baxoi. Foto: Natalí Vélez
  • Casa abandonada en Baxoi. Foto: Natalí Vélez
  • Casa abandonada en Baxoi: Natalí Vélez
1/3

Telegrama dende Baxoi, por Natalí Vélez

Vivo no lugar de Baxoi, na parroquia de Santiago de Trasparga. Na súa paisaxe humana atopamos á miña nai, Javier, Sheyla e o meu veciño, Ramón. Na paisaxe arquitectónica está a igrexa parroquial, e como paisaxe económica, a granxa de vacas do meu veciño que están moi gordas.

18. O Carballal, Parga

  • O Carballal é unha aldea de Parga con actividade gandeira. Foto: Lara Novo
  • O Carballal é unha aldea de Parga con actividade gandeira. Foto: Lara Novo
  • O Carballal é unha aldea de Parga con actividade gandeira. Foto: Lara Novo
  • O Carballal é unha aldea de Parga con actividade gandeira. Foto: Lara Novo
1/4

Natureza e gando no Carballal, por Lara Novo

Se queres visitar unha aldea interesante recoméndoche visitar O Carballal (Parga). Aquí atoparás veciños moi agradables e simpáticos. Podes ver hórreos, casas abandonadas, modernos chalets, granxas, palleiras… As principais actividades económicas son a agricultura e a gandería, de feito conta cunha importante explotación de vacas leiteiras.

Destaca por unha rica variedade de árbores como eucaliptos, carballos, castiñeiros… É imprescindible que percorras o fermoso río A Gándara polo paseo fluvial chamado Ruta da Auga. Non debes perder a festa de San Estevo de Parga en agosto, a Feira dos Callos en xullo e as frecuentes e periódicas xuntanzas veciñais.

19. Montemeá, Parga

  • O río Parga, o lugar favorito de Diego. Foto: Diego Sanjurjo
  • Zona de baño preto de Montemá. Foto: Diego Sanjurjo
  • O Camiño de Santiago pasa por Montemeá. Foto: Diego Sanjurjo
  • A canteira de Ingemarga está nas proximidades.Foto: Diego Sanjurjo
  • A canteira de Ingemarga está nas proximidades.Foto: Diego Sanjurjo
  • No bar CIT de Montemeá hai canchas deportivas. Foto: Diego Sanjurjo
1/6

O auga e a luz de Montemeá, por Diego Sanjurjo

Montemeá recibe este nome polas canteiras de Ingemarga. O meu lugar favorito é o río Parga, alí vou cando estou triste. Encántanme as árbores e toda a vexetación. Bueno e o mellor de este lugar son as mesas, cando fai un bo día a luz do sol reflexase na auga e as árbores paran ese sol abrasador. 

 

Por último pero non menos importante, paréceme precioso cando a luz pasa polos buratos que hai entre as follas das árbores. Este é un dos mellores lugares para pasar o día dado que alí tamen hai un bar que se chama o CIT. Cando cando son as festas de Parga montan colchonetas no río e alí nos bañamos.

Por enfrente da miña casa pasa o camiño de Santiago e moitas veces que salgo a andar na bicicleta vexo peregrinos andando ou indo a cabalo, cabe destacar que as veces falo con eles e son moi bos.

20. San Breixo de Parga

  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
  • San Breixo de Parga. FOTO: Cristina Ferreiro
1/6

A lenda da muller queimada. Por Cristina Ferreiro

Benvidos a San Breixo. Esta é unha aldea onde podes gozar da natureza, facer o Camiño de Santiago ou pasear a Ruta da Auga ao pé do río Parga. Se prefires admirar a súa arquitectura, podes visitar o antigo palco, case en perfecto estado, ou unha casa deshabitada sobre a que circula unha lenda que di que antigamente alí vivia unha señora que foi queimada polos seus parentes por cobizosa. 

Dín que polas noites se escoitan os seus berros e mesmo cheira a queimado. Tamén pode resultar de interese a igrexa, chamada “Capela da fala” pola fonte que hai ao lado; disque quen teña problemas de fala se bebe dela sanda ao momento. Agardo que algún día poidas vir por aquí e gozar destes lugares tan prezados para nós.

21. O río de Saa, Parga

  • O río Parga no seu paso por San. FOTO: Martiño Fraga
  • O cemiterio de Saa. FOTO: Martiño Fraga
1/2

Os veráns no río, por Martiño Fraga

Saa é un lugar da parroquia de Santa Locaia, en Parga. Na parroquia  habitan aproximadamente entre 200 e 300 persoas. A finais de agosto celébrase unha festa chamada San Roque á que acode moita xente para ver os fogos artificiais e gozar das orquestras e das atraccións.

Por aquí pasa o fermoso río Parga. A contorna do río é o meu lugar favorito, alí vou pasear ou merendar cos amigos e amigas, e no verán podemos refrescarnos dándonos un agradable baño.

22. Santa Locaia, Saa

  • A igrexa de Santa Leocaia. Foto: Maite Villar
  • O cruceiro de Santa Leocaia. Foto: Maite Villar
  • Prado onde a veciñanzase xunta para un xantar antes da festa. Foto: Maite Villar
1/3

 A lenda do camposanto, por Maite Villar

Ola, eu son Maite, e quero presentarvos a miña humilde aldea. Aquí hai aproximadamente cento dez habitantes. Na igrexa de Santa Locaia hai unha lenda que conta que se vas pola noite, o 31 de outubro, escoitarás as voces de todos os que están enterrados. Eu, a verdade, por se acaso, nunca o probei. Que medo!

No río hai un lavadoiro; hai anos, todas as mulleres lavaban alí a roupa; e polas tardes os nenos e as nenas xogaban na contorna. O día antes da festa de Santa Locaia, a veciñanza xúntase no prado, traen comida, cartas para xogar, e, tamén contan lendas. Esta aldea, é pequena, parecería insignificante;  pero, na miña opinión, é a máis especial do mundo.

23. Viladónega, Mariz

  • O eucalipto de Viladónega. Foto: David Freire
  • Un hórreo de Viladónega. Foto: David Freire
  • Rego de Porto Recimil que pasa por Viladónega. Foto: David Freire
1/3

O eucalipto de Viladónega, por David Freire

O máis destacado da miña zona é un eucalipto que leva alí máis de 200 anos. Agora mesmo esta moi seco, pero segundo se rumorea, foron os veciños que están xunto á arbore os que o secaron. Outro detalle destacado é a cantidade de horreos que hai, cada veciño ten un. E por último as explotacións gandeiras dos meus avós e veciños.

24. Negrelle, Cambás

Os paxaros de Negrelle, por Martín Rivera

Na miña zona toda a xente vive da gandeiría. Consérvanse tres horreos en bastante bo estado. Non moi lonxe, hai un bosque de carballos centenarios, algúns superan os cincocentos anos.

Gústame ver as cegoñas pasar cando emigran, só se ven unha vez ao ano. Tamén veñen as gaivotas, para cazar os insectos e as larvas. No verán vense moitos cucos, e no monte non é raro ver aguias. Chaman a atención na fraga tres fervenzas e un muíño no que traballaba e vivía meu bisavó. Nunha das fervenzas hai un pozo chamado “o pozo sen fondo”.

25. Pedrafita

  • Aldea de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Paisaxe de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Paisaxe de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Hórreo en Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Paisaxe de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Paisaxe de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • Paisaxe de Pedrafita. Foto: Noemí Carballido
  • O grupo Son de Alde, no que está Noemí, ensaia na vella escola de Pedrafita.
1/8

A tranquilidade do meu pobo, por Noemí Carballido

No lugar de onde eu son o que máis nos gusta aos veciños é a paz que se respira na contorna. Circulan poucos coches, así que podes pasear e deixar correr ós nenos e ás nenas coa maior tranquilidade. 

Hai certos recunchos que parecen sacados dun conto. Se vas andando e reparas ben, verás campos e arboredas que emocionan. Detrás da igrexa hai un regato co seu merendeiro onde podes facer picnic. Na antiga escola, aínda que pareza abandonada, realízanse moitas actividades como as festas de Entroido, as reunións veciñais. Tamén é o local onde vou ensaiar co meu grupo chamado Sons da Aldea.

26. Xove Vello, A Labrada

  • Un día na vida de Marta Prieto. Realizado pola súa filla Laura Filgueira

A miña aldea, por Laura Filgueiras

Este é o lugar onde vivo, moi importante para min, porque sin el non sería quen son. Non aprendería a miña fala, a muxir, a facer os traballos do campo, o meu gusto polos animais. Vivo na natureza, nun sitio tranquilo e bonito cunha paisaxe de pastos e arboredo que veñen dadas pola actividade ecónomica, a gandeiría de produción leiteira que é moi importante para todos os que vivimos alí, xa que dela sacamos moitos dos nosos beneficios.

No vídeo podedes ver o día a día da miña nai, que é a persoa que se encarga de coidar as vacas, darlles de comer, muxilas… Un traballo que realiza cada día do ano.

27. A Torre, A Labrada

  • A tranquilidade da Labrada. Vídeo: Nuria Díaz
  • A capela da Labrada. Foto: Nuria Díaz
  • A capela da Labrada. Foto: Nuria Díaz
1/3

Veciñanza e familia, por Nuria Díaz

Cerca da miña casa hai unha pequena capela á cal ía de pequena co meu irmán e a miña avoa a deixar unha vela cada ano, xa que dicía que iso nos axudaría a estudar, aínda que eu non cría que iso fora certo. Xa naquel momento sacaba boas notas igualmente. O meu veciño axudounos a arreglar algúns obxectos que estaban caídos e rotos.
Ao lado da miña casa somos tres veciños, así que nos coñecemos moi ben, despois hai veciños un pouco mas lonxe, pero levámonos ben e axudámonos cando fai falta. De pequena ía todos os días á casa dun veciño a pasar a tarde, falar, e rirnos. El era como o meu segundo avó, sen esquecer ao meu, que tamén me ría moito con el e o quería aínda maís.

28. A Pena, As Negradas

  • Igrexa das Negradas. Foto: Paula García
  • Campo da festa das Negradas. Foto: Paula García
  • Campo da festa das Negradas. Foto: Paula García
  • A cova da serpe está nesta colina que se ve dende A pena. Foto: Paula García
1/4

A lenda da cova da serpe, por Paula García

Na miña aldea hay unha lenda que é a lenda da cova da serpe. A lenda dí que había unha serpe moi longa e que ía a beber todos os días ata os Boedos, unhas lagoas que están en Mariz. Dise que tiña a cabeza alí pero a cola lle quedaba na cova. Querían matala xa que comía os animais das aldeas que estaban máis preto. Intentáronno con armas pero non o conseguiron. Daquela mataron un burro e metéronlle cemento con petardos e así a mataron.

Nas Negradas hai dúas festas: a do patrón de San Vicente, que se celebra o 6 de maio, e a do San Miguel, o último fin de semana de setembro. Meu avó é o ferreiro da aldea e antes na casa de meus avós había unha taberna que era a única de toda a aldea.

29. Pontearanga

  • Ponte sobre o río Mandeo, en Pontearanga. Foto: Yago Freire
  • Igrexa de Pontearanga. Foto:Yago Freire
1/2

O patrimonio de Pontearanga, por Yago Freire

En Pontearanga hai unha ponte de pedra construída na Idade Moderna (séculos XVI-XVIII). Salva o río Mandeo mediante catro vans de distintas dimensións, con luces de entre 5.00 e 6.10 m. Todos son arcos de medio punto lixeiramente apuntados. Presenta tallamares de sección triangular augas arriba, e rectos augas abaixo.

En canto á  igrexa, é de grandes dimensións. Foi construida a comenzos do século XVIII en estilo barroco. Ten planta de cruz latina con tres naves, cruceiro, ábsida rectangular e sacristía. É salientable a torre-campanario, que ten tres corpos. O primeiro chega a mesma altura que a igrexa, o segundo alberga as campás e ten unha balaustrada de pedra; e o terceiro é de planta octogonal, con oito vans.

A igrexa remata nunca cupuliña barroca de influencia compostelá. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito á vista. A fachada principal ten oito ventás repartidas en tres andares. Na parte máis alta hai un fornelo ca imaxe de San Paio. No lateral ten un reloxo de sol esquinado para orientarse ao sur.

30. Pedramaior, Aranga

  • O solpor dende Pedramaior. Foto: Laura Freire
  • O hórreo abandonado xunto á casa. Foto: Laura Freire
  • Paisaxe en Pedramaior. Foto: Laura Freire
1/3

Os solpores máxicos, por Laura Freire

Na miña aldea hai una gran variedade de árbores dende os mais comúns como poden ser os carballos e os castiñeiros ata plantacións de kiwis.Neste lugar hai una característica tranquilidade coa que hoxe en día penso que contan a maioría dos pobos galegos.

Nos arredores hai catro hórreos, o máis preto á miña casa está prácticamente derrubado de todo e cheo de herbas. Os outros tres están en bó estado, xa que os donos ainda os empregan para gardar cousas, algunhas veces incluso una pequena parte da colleita.

Tamén hai unha fonte con auga potable equipada cun lavadoiro onde antigamente as mulleres lavaban a roupa. A fonte ainda é utilizada por algún veciños xa que pensan que é mellor que a do grifo. Certos lugares contan cunha esencia que en certos puntos do día como o atardecer parece máxico.

31. Boicornello, Monfero

  • Río Frai Bermuz que desemboca no Eume. Vídeo: Lucía Paz

O río que vai ó Eume. Por Lucía Paz

Nesta vila hai moitas industrias agrícolas como explotacións de vacún, avícolas, ovinas e algunhas pequenas de caprino. Tamen hai tradicións como a Feira do Grelo, e o último domingo do mes de maio celébrase a romaxe da capela da Ascensión ainda que agora xa se celebra antes. Tamén o último fin de semana de xuño celébrase a romaxe do San Pedro e en setembro a rromaxe da Virxe dos Remedios.

Temos un río chamado Frai Bermuz que atravesa as parroquias do Val de Xestoso e do Alto de Xestoso ata desembocar no Eume.

32. Miraz, Friol

  • O muíño da casa de Xan da Roca. Vídeo: Antía Vaamonde
  • Miraz é unha parroquia que pertence ó Concello de Friol. Foto: Antía Vaamonde
  • Nesta aldea hai moitos muíños na beira do Río Leixoso. Foto: Antía Vaamonde
  • En Miraz, pódese acceder a algúns dos muíños. Foto: Antía Vaamonde
  • En Miraz, pódese acceder a algúns dos muíños. Foto: Antía Vaamonde
1/6

A historia de Miraz, por Antía Vaamonde

Benvidos a Miraz, unha parroquia que pertence a Friol. Nesta aldea, antigamente, era común o traballo nos muíños, os cales están unidos polo Río Leixoso, e aínda se conservan as súas chaves. Se queres saber a historia desta parroquia, visita a Torre, un lugar histórico, habitado e interesante. Nel vivían os irmáns Saavedra, una familia rica, e os seus descendentes aínda residen alí.

Se prefires a paisaxe, podes facer sendeirismo pola Cova da Serpe; as vistas dende o alto son espectaculares e permíteche admirar a fermosura desta natureza tan diferente. Se tamén queres disfrutar de boa música é boa comida, invítoche a que veñas a festa do San Eleuterio. Ademais poderás observar a Igrexa de Santiago de Miraz, esta é visitada polos peregrinos que van cara Santiago.