A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Un galardón por todo o alto

  • Data
    18 de Novembro de 2015
  • Texto
    Aula 3º B
  • Fotografía
    Cristina de la Torre
  • Vídeo
    Equipo A Lus do Mundo
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • "A lus do mundo" foi o primeiro audiovisual feito no centro
  • O centro recibiu a nova do premio nunha recente viaxe a Ourense
1/2

O IES Poeta Díaz Castro recebeu este luns, 16 de novembro, o Premio Nacional de Educación na modalidade de desenvolvemento de competencias de lectoescritura e audiovisuais polo seu proxecto IES POETA DÍAZ CASTRO: A LUS DO MUNDO, adicado á figura do Xosé María Díaz Castro.  O Ministerio de Educación e Cultura recoñece así o traballo do centro na difusión da figura do poeta, quen foi homenaxeado nas Letras Galegas de 2104.

No premio inclúense todos os proxectos que ao longo destes anos se foron realizando: actividades da biblioteca, documentais, películas, exposicións, roteiros…etc. Como non, este tipo de traballos non son cousa dunha soa persoa, e moito menos de facelas nunha pequena marxe de tempo. Intervimos todos e non só se recoñece o traballo do alumnado e do profesorado que colaborou nestes anos de esforzos, tamén todo o persoal do centro: profesores, alumnos, secretarias, persoal de limpeza…etc.

Este premio será recollido en Xuño de 2016, en Madrid. Estamos moi agradecidos e moi orgullosos do noso traballo, esforzo e dos resultados que acadamos. Ao final é ben certo que todo traballo ten  a súa recompensa!!