A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O ceo da lus do mundo

  • Ano
    2017
  • Duración
    07:00
  • Ideal para
    Escoitar a fala e a memoria
  • Compartir en
    facebook, twitter

No curso 2016/17 o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz escolleu a astronomía como proxecto transversal de centro. No departamento de lingua e literatura galega decidimos propoñer ó alumnado que lle fixeran unha entrevista ós seus avós e avoas co ceo como tema.

Preparamos as preguntas e recibimos algunhas orientacións técnicas para gravar cos móbiles e facer entrevistas. O resultado é un roteiro pola lus do mundo onde podedes coñecer ós nosos maiores. Este vídeo é un resumo do que nos contaron.