A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Os camiños esquencidos

  • Autor
    IES Poeta Díaz Castro
  • Ano
    2014
  • Duración
    00:20:00
  • Ideal para
    Repensar a poesía
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter

Esta é unha película inspirada na vida de Xosé María Díaz Castro e desenvolta nun obradoiro de literatura e audiovisual, implicándose na súa produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ó mundo o 17 de maio de 2014,Día das Letras Galegas adicadas ó poeta. Foi financiada cun contrato-programa da Consellería de Cultura e recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.

SINOPSE: Unha casa de aldea e uns papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.