A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Os contrato programa no IES

No mes de abril de 2016 celebrouse en Santiago de Compostela un encontro adicado ós Contrato-Programa organizado pola Consellería de Educación ó cal acudiu profesorado de toda Galicia. Este programa é co que o instituto ven apoiando nos últimos cursos boa parte das súas accións de innovación educativa e fumos invitados a falar da nosa experiencia co proxecto de A Lus do Mundo.

Coma xa é habitual, pedímoslles ó noso alumnado que tomase o protagonismo e fixeran eles a presentación. Foi a clase de 2º de ESO a que resumiu como Díaz Castro e a reivindicación da súa figura se convertiron nun elemento educativo integral no noso centro. Despois, dúas alumnas de 2º de Bacharelato explicaron a súa experiencia persoal como parte activa deste proxecto.