Estrea do roteiro por Guitiriz
No mes de xuño os alumnos do IES estrearon por primeira vez o roteiro “Fábrica de poetas” polo pobo, despois de practicalo durante todo o inverno e aportar cada un algo, decidiron facer un ensaio para ver como era dende o punto de vista externo. Practicárono cuns compañeiros que xa tiñan experiencia con outro roteiro para que despois saíra ben con rapaces de fora do centro. Entre todos formaron o persoal de loxística, guías e anfitrións, participando todos e sen deixar a ninguén de lado.