Proxecto Cruceiro
- Proxecto
Cruceiro - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Todo o curso 2020/21 - Ideal para
Mellorar as competencias clave do alumnado, descubrir o mundo e aprender a contalo. - Materias
Bioloxía, Castelán, Educación Física, Galego, Historia, Inglés, Lingua, Matemáticas, Oralidade, Proxectos, Reforzo lingüístico, Relixión, Valores, Xeografía - Cursos
1º de ESO - Compartir en
facebook, twitter
Iniciamos percorrido! Este curso o alumnado de 1º de ESO vai de viaxe en barco, dando unha volta ao mundo. Neste espazo poderás descubrir as súas andainas…
CLAVES
- MATERIAS: Matemáticas, Linguas (galega, castelá, inglesa), Bioloxía, Relixión, Valores éticos, Xeografía, Educación Física.
- CONTIDOS: Trátase dun proxecto interdisciplinario, polo que veremos unha serie de contidos ligados a todas as materias implicadas, facendo especial fincapé naqueles que contribúen ao desenvolvemento integral do alumnado e á mellora das súas competencias clave.
- NECESIDADES: Cada tarefa terá as súas, pero, en xeral, só precisamos do interese por descubrir o mundo, o acceso a Internet e ir aprendendo a traballar en equipo e con ferramentas TIC.
OBXECTIVOS
– Descubrir o mundo máis aló do noso contorno próximo, para aprender a valoralo.
-Traballar en equipo, comprometerse co produto final solicitado.
-Conseguir unha mellor competencia dixital.
-Mellorar a expresión en todos os seus niveis: oral, escrito, visual, audiovisual.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Creación dun espazo web que dea corpo aos contidos estudados e aos produtos realizados. Trátase dunha especie de liña narrativa das andanzas do grupo de viaxeiros ao longo do percorrido, a través das visitas ás cidades, dos descubrimentos feitos…
Podes acceder a este espazo nesta ligazón.
02. DESENVOLVEMENTO
Ao longo dos meses do curso, profesorado e alumnado irán dando contido a este proxecto, que será publicado e competado. Os produtos elaborados, así como a descrición das tarefas e procesos irán dando idea de como se produciu a viaxe virtual, pero tamén de cales foron as aprendizaxes obtidas no percorrido.
03. AVALIACIÓN
Cada profesor achegará as súas valoracións do proxecto, de xeito que o alumnado, a través das súas producións e da implicación durante o proceso recibirá unha cualificación específica que fará parte da nota final. Os criterios e estándares de avaliación dependerán de cada materia.
EXPERIENCIAS
CONCLUSIÓNS
Actividade interdisciplinar moi enriquecedora e formativa