A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Educación e analfabetismo

As escolas de ferrado

Coñécese como escolas de ferrado ao sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, no rural galego desde o século XVIII ata a década de 1960 nalgunhas bisbarras.

Recibían o nome de escolas de ferrado por pagar pola escolarización dos seus fillos un ferrado, ben de centeo, trigo ou millo, aproximadamente entre 12-18 quilos por rapaz. Cara ao comezo do século XX comezouse a pagar en diñeiro o que sería o valor dun ferrado de trigo.

Ademais deste pago os mestres tamén recibían a mantenza e mais o lugar onde durmir durante o mes que estaban na escola que remataba cun día de festa.

Os escolantes podían ser labregos , zoqueiros, carpinteiros,… calquera que soubese ler e escribir. O espazo da casa que se escollía, acostumaba ser a lareira ou o comedor, aínda que tamén se podían empregar palleiros e cortes.

O ensino era moi básico: contas (para medir e contar o número de leiras), as letras para ler ou escribir os contratos de compra e venda.

Os materiais educativos eran textos escritos á man que ás veces o propio escolante convertía nun pequeno libro, até que xa no século XX se foron incorporando os libros de texto, fundamentalmente as enciclopedias, as de Álvarez e a de Dalmau, tamén podían empregar algúns mapas. O alumnado empregaba unha pequena lousa para facer as contas e os primeiros ensaios de escritura e posteriormente escribíase xa en papel.

Os estudantes tiñan que compaxinar o ir a escola co traballo xa que na maioría dos casos os rapaces eran imprescindibles nas casas para traballar. Así, as escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban na temporada de inverno cando o traballo no campo era menos intenso. Os horarios eran de luns ata ó sábado e ben dende primeiras horas da mañá ata ben entrada a noite..

Este sistema persistía sobre todo nas zonas rurais de Lugo e Ourense.

Lugo, á cola de Galicia en taxa de analfabetismo

Enlace a noticia

Lugo é a provincia galega que ten o menor índice de cidadáns analfabetos ou sen formación, cun 14,1% de taxa de falta de escolarización entre a poboación maior de 16 anos. A Coruña, cun 23,3%, e Pontevedra, co 20,3%, son as que rexistran as maiores taxas, seguidas de Ourense, cun 18,2%.

Ao redor de 50.000 galegos non saben ler nin escribir, aínda que a taxa de analfabetismo da comunidade (un 2%) reduciuse unha terceira parte na última década xa que, nos primeiros anos da década dos 90, máis do 3% da poboación da comunidade era incapaz de ler un texto ou de estampar a súa firma nun documento.

Actualmente, a taxa en Galicia sitúase medio punto por baixo da media española e por diante da metade das autonomías do país. Os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o pasado ano e correspondentes a 2005 corroboran este notable descenso do analfabetismo en Galicia. Revelan tamén que en pouco máis de dez anos duplicouse a porcentaxe de poboación con estudos superiores, alcanzando o 15,11% do total en 2005. En 1991, só sete de cada cen galegos pasaba pola Universidade. Un de cada dez facíao en 1995.

O informe non contempla aos menores de 16 anos, idade ata a que abarca a escolarización obrigatoria, nin aos denominados analfabetos funcionais que, segundo a definición da Unesco, poden ler e escribir pero son incapaces de utilizar esta capacidade para resolver as tarefas cotiás cuxa inclusión, indubidablemente, elevaría a porcentaxe de persoas con dificultades para encher un impreso ou entender o que di un recibo en Galicia.

O que si revelan os indicadores sociais do instituto estatal é que, ademais da poboación analfabeta, máis de dez de cada cen persoas censadas na comunidade (un 11,9%) non teñen formación académica. é dicir, que en total o 13,9% dos galegos son analfabetos ou carecen de calquera tipo de estudos básicos.

Maior incidencia en persoas maiores e mulleres

Iso si, aínda que a situación mellorou considerablemente co cambio de século, hai dúas variables que non se modificaron. Deste xeito, a taxa de analfabetismo rexistra unha maior incidencia entre as persoas de idade máis avanzada e entre as mulleres. Segundo as últimas cifras do INE, na súa maioría, os analfabetos son persoas de máis de 55 anos. Así, mentres entre os 16 e os 44 anos a taxa de analfabetismo non supera o 0,5%, entre os 45 e os 54 é xa do 0,6%. A partir desa idade o índice dispárase ata alcanzar o 16,5% nos maiores de 85 anos.

En canto ao xénero que máis sofre o analfabetismo, as cousas tampouco cambiaron. Así, a brecha entre sexos mantense xa que se en Galicia non saben ler nin escribir o 1% dos homes, a taxa increméntase ata o 2,9% no caso das mulleres, unha situación que se reproduce en todas as comunidades españolas e que aínda non chegou a ser erradicada pese ao camiño avanzado en materia de igualdade.

Inserción laboral

Estes indicadores son o centro das críticas das organizacións sindicais e supoñen un quebradizo de cabeza para a Administración autonómica xa que a falta de escolarización adoita afectar aos ingresos do individuo a través do seu salario e dificulta as súas posibilidades de atopar un emprego.

De feito, cotejando as estatísticas da Consellería de Traballo, pódese comprobar que o perfil tipo do ‘parado de longa duración’ conta cunhas características máis ou menos definidas, entre as que destaca, precisamente, a falta de formación. Así, case a metade dos parados que levan máis dun ano sen emprego non acredita ter estudos, mentres que no lado oposto, os titulados universitarios ou co bacharelato aprobado só representan o 15% de todos os parados de longa duración.

Con todo, ao redor de 4.700 galegos atópanse no paro desde fai máis de doce meses, a pesar de contar no seu currículo académico cunha titulación universitaria. Outros 5.600 parados tamén acumulan máis dun ano en situación de desemprego, aínda que no seu caso estudaron un ciclo de formación profesional.

 

Taxa de alfabetización Lugo_01

 

Taxa de alfabetización Lugo_02

Como actividade propoñémosvos traballar coa clase calculando os porcentaxes de alumnos que habería en cada ano e cantos deles serían rapaces e cantos rapaces. Podedes ir creando grupos ascendentes, dende os datos máis antigos ata os máis actuais.

Tamén acompañamos este contido con exercicios da Aritmética Dalmau que foi moi posiblemente á que lle tocou estudar a Díaz Castro na escola.

Lecciones de artimetica Dalmau

Lecciones de artimetica Dalmau_02

Lecciones de artimetica Dalmau_01