14/04/21
ESTREA da curta de CINE MUDO do alumnado de Música de 2º ESO A. Este traballo audiovisual que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos " NON TODO É BRANCO OU NEGRO". Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión nas aulas e tamén na BIBLIOTECA ESCOLAR. Esta proposta fixo que se mergullasen neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que queren ter ao tempo que descubren recursos que poden utilizar nos seus proxectos. Esta curta titulada " Isto no é unha biblioteca",intencionadamente imperfecta na súa creación, dará pé ao debate posterior en aula cunha pregunta clave aos espectadores que pecha a escena final. Os recursos musicais utilizados forman parte da nosa biblioteca Agardamos que vos guste...seguiremos mellorando! ... Ler máisLer menos