A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Fichas de flora da Terra Chá

EUCALIPTO

Eucalipto_as arbores de Díaz Castro
1. Completa os espazos en branco:

– Nome científico da árbore _________________

– O eucalipto é unha especie orixinaria de _______________, por iso considérase unha especie alóctona.

– É unha árbore de folla ________________.

 

2. ¿Cales son as follas novas e as definitivas nas seguintes fotos?

En relación ás follas moitas especies presentan dimorfismo foliar, isto é, que cando son novas as súas follas son opostas, de ovais a arredondadas e, ocasionalmente, sen pecíolo. Depois dun a dous anos de crecemento, a maior parte das especies pasan a presentar follas alternas, lanceoladas a falciformes (forma semellante a unha fouce), estreitas e pendidas a partir de longos pecíolos.

Folla nova eucalipto_as arbores de Díaz Castro  Folla eucalipto_as arbores de Díaz Castro

 

3. Completa a seguinte descrición das súas flores e froitos:

O nome do xénero,_____________, (do grego, eu + καλύπτω = “verdadeira cobertura”) fai referencia á capa ou opérculo que cobre os órganos reprodutores da flor, ata que cae e os deixa a descuberto. Este opérculo é formado por pétalos modificadas. De facto, o poder atractivo da sua flor débese á exuberante colección de estames que cada unha presenta, e non ós ________, como acontece con moitas plantas. Os ___________ son lenhosos, de forma vagamente cónica, contendo válvulas que se abren para libertar as _________.

Flor do eucalipto_as arbores de Díaz Castro

Froito do eucalipto_as arbores de Díaz Castro

 

4. Completa os espazos en branco:

Eucaliptus globulus está amplamente __________ por toda Galicia, especialmente na franxa ______________, dado que non medra tan doadamente a alturas superiores aos 500-700 metros de altitude por ser sensible ás xeadas. O verdadeiro problema con esta especie foi a ________________ masiva con eucaliptos que tivo lugar a partires dos anos 70 do século pasado, debido a alta produtividade (que podía chegar a 40 m3 por hectárea e ano) e que fixo que moitas terras que antes se adicaban a outros ___________ pasasen a ser sementadas de eucaliptos, mesmo terras agrícolas de alto valor.
Dende hai uns 25 anos estase utilizando nas repoboacións forestais da Galicia interior unha especie resistente ás ___________ e á altitude, o Eucaliptus nitens, que presenta o inconveniente de que a súa madeira non é tan axeitada para a fabricación de pasta de celulosa coma a do eucalipto branco.

 

5. Polémicas co eucalipto na Galicia:

Ao seren unha especie _________________ procedente de Oceanía, introducida polo home en plantacións masivas, os seus efectos negativos, como acontece con calquera monocultivo, agrávanse polas características peculiares desta especie, como son:
– unha extrema avidez pola ____________.
– a capacidade de reducir a _____________________ da flora e ______ asociadas ao sotobosque.
– facilitar a propagación de incendios _______________ por ser unha especie pirófila, que non só non morre co lume, senón que os incendios forestais facilítanlle a ____________________ do espazo.

 

6. Indica o nome das estruturas indicadas con frechas:

Eucalipto por partes_as arbores de Diaz Castro

ACIVRO

Acivro_as arbores de Díaz Castro

1. Completa os espazos en branco:

– Nome científico do arbusto _________________
– O acivro é unha especie orixinaria de oeste de Asia e Europa, por iso considérase unha especie ___________.
– É unha planta de folla ________________.

 

2. Completa o texto:

As súas follas son simples, pecioladas, alternas, con forma __________ e, cun borde con _______________ nos exemplares novos e nas pólas máis baixas nos adultos e, sen espiñas laterais nin coriáceas e de cor máis clara nas novas de pólas superiores destes últimos.

Sinala na foto os dous tipos de follas:

Acivro 2_as arbores de Díaz Castro

 

 

3. Completa a seguinte descrición das súas flores e froitos:

Son plantas dioicas, existen individuos con flores masculinas e individuos con flores ___________ que soen aparecer solitarias. As femininas son todas de ________ branca ou rosado e ocasionalmente manchadas de púrpura. Teñen 4 ou 5 sépalos e igual número de __________.

Os exemplares femininos producen un _________ pouco carnoso (drupa), globoso/elipsoidal de cor verde nun primeiro tempo e logo dunha cor ______________ brillante ou amarela viva, que madura moi tarde -cara outubro ou novembre- e que permanece moito tempo na planta. Contén no seu interior 4 ou 5 _____________ .

 

Acivro flor_as arbores de Díaz Castro

 

 

4. Usos do acivro:

A súa madeira dura e compacta e moi estimada en ebanistería e tornaría. Colle moi ben os tintes, polo que se fan perfectas imitacións do ébano. Da codia extraese un alcaloide, la “ilicina”, de propiedades similares a la quinina.

O frutificar no _____________ dálle a esta planta un valor ecolóxico moi importante, por ser fonte de alimento para muoitas especies, especialmente de _______________.

Estes mesmos froitos considéranse purgantes e vomitivos para os _________, polo que se ten usado en mediciñaa tradicional. As súas follas son diuréticas.

Ten desde antigo un gran uso en xardíns pola beleza nas _________ e froitos, además de ser unha excelente seiba, xa que tolera ben a poda.

 

5. Curiosidades:

Úsase tradicionalmente como adorno no ___________, (confundíndoo moita xente co visgo), o que o levou a estar en perigo de ______________ nalgunas zonas. Hoxe é especie ______________ en amplas zonas de varios países europeos:

Os seus froitos son moi tóxicos e a súa inxesta en _______________ elevadas (unhas 20) poden provocar a morte. Debido á ilicina e á teobromina que conteñen poden provocar irritacións na estómago e intestino e afectar ao sistema nervioso e ao corazón.

 

6. Indica o nome das estruturas indicadas con frechas:Acivro partes_as arbores de Díaz Castro

 

 

TEIXO

1. Completa os espazos en branco:

  • Nome científico da árbore ………………………………………………………..
  • Atópase nas fragas de ……………………………… da parte oriental de Galicia.
  • É unha árbore de folla ……………………………………………………………
  • A súa polinización é …………………………………………………………….
  • O teixo pertence ó xénero das ……………………………………………………

 

2. ¿Por que o teixo é unha árbore dioica?

 

 

3. ¿Que quere dicir que as flores do teixo son unisexuais?

 

 

4. Parte do nome científico desta árbore alude á disposición das súas follas en dúas liñas ó longo das ramas (taxus, derivado do grego “taxis”: ordenación en filas). ¿É iso certo?

 

 

5. Completa as seguintes frases relacionadas coa cortiza do teixo:

Tralas pegadas de Diaz Castro_Teixo 02

  • Cortiza parda-grisácea ou algo ………………….
  • Cando vella, se desprende en …………………… deixando no tronco manchas vermella-escuras e co tempo vanse formando profundos …………..

6. Completa a seguinte descrición sobre unha folla dun teixo:

Tralas pegadas de Diaz Castro_Teixo 03

Son ……………., xa que o limbo presenta unha soa peza. A súa forma é …………. chamándose por isto follas de tipo ……………………..A súa cor é verde …………… na face e verde …………….. no envés. Son follas ………………………., de consistencia e aspecto do coiro (non membranosas).

7. Completa a seguinte descrición do froito do teixo:

Ten forma ……………… e a súa cor é primeiro …………. e despois vermello. Posúe unha envoltura carnosa con forma de ………………, aberto pola parte superior, por onde se ve a …………….

Tralas pegadas de Diaz Castro_Teixo 04

8. Que nome recibe o alcaloide tóxico que posúe o teixo? Cal é a única parte da árbore que non é tóxica? Por que? A semente é tóxica?

 

 

9. O cristianismo adoptou e incorporou o teixo na súa doutrina como símbolo da vida e da morte. Ademais pola súa lonxevidade, considerouno tamén símbolo da eternidade. Por este motivo ó lado de que construcións é frecuente ver teixos sobre todo en Asturias?

 

 

10. A súa madeira é moi apreciada en ebanistería, pola súa dureza e elasticidade. Por que non se pode usar? Localiza en internet unha das árbores máis antigas de Europa situada en Escocia (teixo de Fortingall).

 

 

PRADAIRO

1. Completa os espazos en branco:

Nome científico da árbore ………………………………………………………..

Habita en solos fértiles e profundos de …………………………….. caducifolios

É unha árbore de folla ……………………………………………………………

A súa polinización é ………………………………………………………………

 

 

2. ¿Que quere dicir que o pradairo ten flores pouco vistosas de diversos tipos, unhas hermafroditas e outras unisexuais?

 

 

3. Lee a seguinte frase e deduce polo contexto o significado da palabra inflorescencia:

“O pradairo posúe flores de cor amarelo – verdoso, dispostas en gran número sobre inflorescencias que colgan de longos pedúnculos”

 

4. Parte do nome científico desta árbore (pseudoplatanus) fai referencia ó parecido das súas follas co plátano de paseo, Platanus hybrida. Poderías indicar cal das seguintes figuras representa a cada un deles?

Tralas pegadas de Diaz Castro_Pradairo 03

 

—————————————————-

Tralas pegadas de Diaz Castro_Pradairo 04

——————————————————-

 

5. Completa a seguinte descrición sobre unha folla dun pradairo

Son ……………., xa que o limbo presenta unha soa peza. A súa forma é ………………- ……………….. con ……… lóbulos irregularmente ………………. . A súa base é ……………………………. Son de cor verde ………………………… na face e máis claras no ……………………………

 

6. Completa a seguinte descrición do froito do pradairo:

Recibe o nome de disámara (dúas ………………… unidas que conteñen as sementes de forma de forma ………………..). As ás do froito son estreitas na base, ancheadas no extremo e agudas no ápice e forman entre si un ángulo próximo ós ………………. graos.

 

Tralas pegadas de Diaz Castro_Pradairo 06

7. ¿Por qué no outono as follas do pradairo, ó igual que as doutras moitas árbores, antes de caer adquiren unha tonalidade amarelo-dourada moi característica?

 

Tralas pegadas de Diaz Castro_Pradairo 07

8. Actualmente os pradairos utilízanse como árbore ornamental en paseos, estradas, parques e xardíns. Grazas á súa poda e á súa capacidade de unirse polas ramas crean interesantes efectos de arcos naturais cando se encontran sen follas. ¿Que vantaxe pode aportar en verán ás cidades esta característica?