A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

A feira das cores

  • Autoría
    Cristina de la Torre
  • Ano
    2018
  • Duración
    5 min
  • Ideal para
    Fomentar a convivencia no centro
  • Compartir en
    facebook, twitter

As emocións e as cores foron as protagonistas dun evento no que todo o centro se implicou. Durante dúas horas o alumnado percorreu obradoiros multidisciplinares ubicados en distintos espazos analizando contidos sexistas da publicidade, as características dos alimentos, a inspiración da creación plástica e a actividade física relacionada co olimpismo.

Para rematar, e aproveitando que se celebrou o último día lectivo antes da Semana Santa (23 de marzo), fixemos unha competición de versos e unha festa holi, na que as cores o inundaron todo. Por último unha maratón de baile na que gañou, sobre todo, a alegría.