A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A Lus do Mundo

¿Un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os estudiantes de Guitiriz redescubren a Xosé María Díaz Castro. Foi a súa primeira obra audiovisual adicada ó poeta e coa que impulsaron a súa candidatura para ser recoñecido coas Letras Galegas do 2014.

O documental inclúe enquisas na rúa, moita música e as opinións de Alfonso Blanco Torrado e Marica Campo. Foi elaborado dentro dun obradoiro de literatura e audiovisual financiado polos contrato-programa da Consellería de Cultura para impulsar a excelencia.