Matemáticas e cores
- Proxecto
As cores - Duración
3-4 sesións - Ideal para
Ver a posibilidade de entender e explicar a realidade a través dun modelo matemático. - Materias
Matemáticas - Cursos
1º BAC, Curso 2017/18 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Sempre se fala que as matemáticas están por todas partes, pero a única forma de que isto non quede unha frase tópica é descubrir directamente como mediante ferramentas matemáticas, neste caso as funcións trigonométricas, podemos realmente comprender un fenómeno do mundo real, neste caso a relación entre a cor e o movemento ondulatorio. Os alumnos de 1º de Bacharelato científico elaboraron mediante o programa GeoGebra unha simulación a escala dunha onda á que variándolle a lonxitude de onda recorremos o espectro electromagnético visible que forman as cores.
CLAVES
- MATERIAS: Matemáticas, Física (Movemento Armónico, Espectro Electromagnético), e Bioloxía (Anatomía do Ollo)
- CONTIDOS: Planificación e expresión verbal do proceso de resolución de problemas. Linguaxe gráfica e alxébrica. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para representación gráfica. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade. Notación científica. Funcións trigonométricas. Composición de Funcións.
- SESIÓNS: 3-4 sesións ( en función do manexo en GeoGebra)
- NECESIDADES: Software matemático interactivo libre GeoGebra.
OBXECTIVOS
- Valorar as matemáticas como ferramenta para interpretar o mundo que nos rodea.
- Comprobar o carácter instrumental que as matemáticas teñen como base fundamental para a adquisición de novos coñecementos noutras disciplinas.
- Entender a nocións científicas básicas que explican a percepción da cor.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Facilitar aos alumnos información a través de páxinas web onde poidan informarse sobre os conceptos básicos de radiación electromagnética e espectro visible así como conceptos básicos de movemento ondulatorio (lonxitude de onda, frecuencia, amplitude, velocidade, etc.), conceptos que xa lle resultan familiares da materia de Física.
02. DESENVOLVEMENTO
Facer grupos (non máis de 4 persoas) nos que repartir tarefas , responsable das gráficas con Geogebra, o responsable de estudar a codificación do color co sistema RGB que usa GeoGebra, o responsable de relacionar a lonxitude de onda e a cor e co anterior buscar a programación que nos permita dar a cor necesaria á nosa onda en función do parámetro lonxitude de onda, o responsable estético para que todo quede no seu sitio no producto final.
Repasamos as nocións básicas do manexo de GeoGebra, programa que xa coñecen. Traballamos na representación gráfica da función trigonométrica senx e as posibles composicións ata chegar á función definitiva que explica un movemento ondulatorio básico en función dos parámetros que nos interesan, fundamentalmente a lonxitude de onda que nos dará como resultado as distintas cores, o tempo para trasladar a onda e a amplitude.
Elaboramos a construción definitiva mediante GeoGebra programando de tal maneira que a onda cambie de cor en función do parámetro lonxitude de onda que podemos variar para simular a realidade.
03. AVALIACIÓN
Faise a partir dunha rúbrica mediante a observación do traballo do alumnado nas sesións, prestando atención ás responsabilidades de cada un e ao produto final elaborado. Os contidos están todos dentro do currículo da materia de Matemáticas I de Bacharelato.
EXPERIENCIAS
É moi interesante ver a motivación do alumnado cando ven a posta en práctica dos coñecementos matemáticos que eles xa posúen, nun acercamento a unha realidade tan cotiá como está.
POSIBLES VARIACIÓNS
Dunha maneira similar poderíase elaborar un modelo para calquera realidade que empregue as ondas como sustento físico, por exemplo o son, máis concretamente a música, a través das frecuencias das ondas que producen os sons da escala musical teríamos o modelo adaptado as ondas que chegan ao noso oído cando se producen as notas.