Táboa periódica en vídeo
- Proxecto
Táboa periódica - Autoría
Nuria Sánchez Moreno - Duración
catro sesións - Ideal para
estudar a procedencia das palabras - Materias
Física e Química - Cursos
2º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
O alumnado de 2º de ESO grava un vídeo explicando brevemente a orixe etimolóxica dos nomes de 24 elementos da táboa periódica.
CLAVES
- MATERIAS: indicado para Física e Química, Bioloxía, Xeoloxía, Grego e Latín.
- CONTIDOS: gardan relación coa unidade de Elementos e Compostos Químicos na que se estuda a táboa periódica.
- SESIÓNS: catro sesións en total. Dúas para gravar o vídeo e outras dúas para editalo. O resultado presentarase diante dos seus compañeiros durante a Semana da Ciencia.
- NECESIDADES: cámara de vídeo ou móbil, trípode, micrófono e ordenador, para facer a procura da información necesaria, e que dispoña dun programa de edición de vídeos.
OBXECTIVOS
- Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información na Internet.
- Traballar contidos básicos para a materia de física e química de 2º de ESO. (nomes, símbolos e orixe de 24 elementos da táboa periódica)
- Experimentar os beneficios de traballar en equipo.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a edición de vídeos.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Asignamos a cada un dos 24 alumnos un elemento químico. Escollemos os máis abundantes na Terra e nos seres vivos. Acudimos a sala de informática para facer a busca de información e anotala.
02. DESENVOLVEMENTO
Durante as dúas primeiras sesións gravamos aos 24 rapaces falando cada un dun elemento da táboa periódica. Cambiamos con certa frecuencia de plano para darlle máis dinamismo ao resultado final. O tempo aproximado por alumno é de 10 segundos. O obxectivo é que o vídeo non supere os tres minutos en total. As dúas sesións restantes dedicámolas a editar o vídeo na sala de ordenadores. Un alumno dirixe a actividade facendo un pequeno guión dos pasos a seguir para que os seus compañeiros aprendan a facelo.
03. AVALIACIÓN
Terase en conta a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet e o esforzo por facer unha boa actuación no momento de gravar.
EXPERIENCIAS
O vídeo preséntase durante a Semana da Ciencia ao resto de alumnado do centro.