A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Así se creou o Festival de Pardiñas

  • Autoría
    Alumnado 2º ESO, Cristina de la Torre, Miguel Bermúdez, Ana María Pedreira
  • Ano
    2020
  • Duración
    18 min
  • Ideal para
    Coñecer a historia recente de Guitiriz
  • Compartir en
    facebook, twitter

Alfonso Blanco Torrado é, ademais do presidente da Asociación Cultural Xermolos, o impulsor do Festival de Pardiñas, unha iniciativa pioneira en Galicia por poñer en valor a música tradicional e celebrar a cultura e a vida. Esta entrevista formou parte do proceso de creación dun guión de curtametraxe sobre o Festival, escollido polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro como o elemento cultural que máis identifica a Guitiriz, despois da torta de millo e da área recreativa dos Sete Muíños.

A entrevista foi gravada en febreiro de 2020 para coñecer os detalles de creación do Festival e supón tamén unha homenaxe a Alfonso, ex profesor do instituto, e un dos axitadores culturais máis importantes da Terra Chá e de Galicia. A súa testemuña é clave para construir a historia contemporánea de Guitiriz que o alumnado axuda a construir grazas ó modelo de educación participativa do centro.

Participaron: Nara Gómez, Lidia Vázquez, David García, Laura Roca, Andrea Marcelino, Laura Roca, Víctor Estraviz, Alexander Barreiro, Hugo Balsa, Paula Calvo, David Martínez, Silvia Freire, Lucía Morán, Sara Paz, Miguel Bermúdez, Cristina de la Torre, Ana María Pedreira.

OS CARTACES DE PARDIÑAS

Incluimos nesta publicación un  recurso que nos foi proporcionado por Xermolos e a pesares de non ter sido utilizado neste curso polas condicións especiais do confinamento, cremos que é un documento moi valioso co que se pode traballar noutra ocasión: a colección de cartaces do festival.

  • Cartaces 1980 e 1981
  • Cartaces 1982 e 1983
  • Cartaces 1984 e 1985
  • Cartaces 1986 e 1987
  • Cartaces 1988 e 1989
  • Cartaces 1990 e 1991
  • Cartaces 1992 e 1993
  • Cartaces 1994 e 1995
  • Cartaces 1996 e 1997
  • Cartaces 1998 e 1999
  • Cartaces 2000 e 2001
  • Cartaces 2002 e 2003
  • Cartaces 2004 e 2005
  • Cartaces 2006 e 2007
  • Cartaces 2008 e 2009
  • Cartaces 2010 e 2011
  • Cartaces 2012 e 2013
  • Cartaces 2014 e 2015
  • Cartaces2016 e 2017
  • Cartaz 2018
  • Cartaces 2019, 40 aniversario
1/21