Pardiñas no tempo
«Xiana esperta unha mañá aturdida. A noite anterior estivera bailando no Festival de Pardiñas pero ese día todo semella diferente. Nin rastro dos postos, dos festivaleiros nin dos escenarios. Serán os veciños da aldea ós que lle axuden a reconstruir onde está e que foi de Pardiñas.»
Esta é a sinopse da curtametraxe que realizamos baseándonos nunha idea orixinal creada no obradoiro de audiovisual e que despois completamos entrevistando a Alfonso Blanco. O guión e o plan de rodaxe foron rematados en tempo de confinamento cunha conexión online cada quince días co alumnado. Cando as normas de desescalada o permitiron, organizamos a rodaxe en Pardiñas, mantendo os protocolos estabrecidos de seguridade.
Na rodaxe colaborou Fina Prieto, xestora do balneario, así como o alumnado e profesorado que aparece nos créditos e que se animaron a actuar, gravar e conducir a produción de campo. O resultado é unha curta que forma parte da programación desta edición 2020 de Pardiñas que non se vai parecer ás anteriores pero que servirá para manter vivo o espírito do festival.
Guión: Descargar PDF
Créditos: Descargar PDF
- ELENCO: Interpretada por Nara Gómez, David García, Sergio Campello, Laura Roca, Adrián Piñeiro, Miguel Bermúdez, Manuela Balsa, Julio González
- CÁMARA E SON: Lidia Vázquez, Laura Roca, Andrea Marcelino, Joel Vázquez, David García, Sergio Campello
- IDEA ORIXINAL: Nara Gómez, Lidia Vázquez, David García, Laura Roca, Andrea Marcelino, Laura Roca, Víctor Estraviz, Alexander Barreiro, Hugo Balsa, Paula Calvo, David Martínez, Silvia Freire, Lucía Morán, Sara Paz, Miguel Bermúdez, Cristina de la Torre
- PRODUCIÓN: Olga Aguiar, Miguel Bermúdez, Alfonso Blanco
- COORDINACIÓN: Cristina de la Torre.
- AGRADECEMENTOS: Alfonso Blanco, Xermolos, Fina Prieto Castro, Eugenio Muíños