Titorial «A voz do poeta»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Mónica Campo, Cristina de la Torre - Ideal para
Practicar o recitado - Materias
Lingua e Literatura - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
PASO A PASO
- Colocamos o atril para a subasta co cronómetro impreso e o mazo
- Recibimento e presentación no exterior da Casa Habanera co cadro dos mecenas
- Subimos ao primeiro andar e pedimos que se senten nas primeiras filas
- Explicación do xogo
- Facemos a subasta de cinco ou seis poemas dependendo do tempo dispoñible
- Facemos a conclusión pedíndolles que escollan un verso para o pasaporte
NOTAS
- A presentación faise na parte baixa da Casa Habanera e o xogo na sala da primeira planta
- Os guías colócanse no escenario e os participantes sentan nas primeiras filas.
- Ollo coas baixas temerarias de tempo, se pensamos que non se pode ler no tempo que propoñen pódese declarar poxa nula e comezar de novo.
- Se non hai voluntarios escollemos nós por exemplo preguntando quen naceu en marzo, ou quen ten can… algo aleatorio.
PRESENTACIÓN
Esta é a Casa Habanera de Guitiriz. Foi a primeira escola de bacharelato que tivemos na vila. Como moitas das escolas do século pasado, foi construída con cartos de emigrantes. Por iso chámase Casa Habanera, porque a financiaron emigrantes a Cuba, dentro hai unha foto dos mecenas.
Agora este edificio úsase para exposicións, charlas e conferencias. Na parte de arriba tamén ten unha biblioteca. E alí foi onde Díaz Castro deu o seu primeiro recital en Galiza. Foi en 1984. Tiña 70 anos e acababa de regresar a vivir a Guitiriz.
Pasaran máis de vinte dende a publicación de Nimbos e foi o primeiro recoñecemento que Díaz castro recibiu na súa terra. Pois ben, imos subir a esa sala e facer un recital un pouco especial.
(Pedímoslles que suban e senten na parte de arriba)
ACTIVIDADE E CONCLUSIÓN
Díaz Castro falaba nos seus poemas da terra, da natureza, do campo, de Galicia, de Deus… Imos descubrir de que falan poetas doutro momento. Pero poxando a ver quen é capaz de ler máis rápido os seus versos.
Primeiro alguén escolle un poema, vemos o longo que é e comezamos a poxa. Comezaremos sempre nun minuto e quen ofreza o tempo menor ten que sair e demostrar que pode lelo así de rápido. Cal é o truco? Que despois o público ten que demostrar que lle entendeu algo.
Probamos? (Damos a escoller un poema, lemos a presentación do mesmo, amosamos a lonxitude e comezamos a poxa en 60 segundos)
Adxudicado! Agora ven ao escenario e tes que lelo nese tempo. Para dalo por válido alguén do público terá que repetir un verso ou dicir de que trata. Listo? Comeza o poema de … (Un dos guías cronometra co móbil. Poxamos catro ou cinco poemas)
Fin da poxa! Un aplauso por facelo tan ben!
Agora para continuar, escollede un dos versos e anotádeo no pasaporte.