A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Construción dun invernadoiro

PRESENTACIÓN

Durante este curso, o noso alumnado e profesorado, liderados pola Comisión de Competencias Científico – Tecnolóxicas,  traballou na concienciación sobre a xestión dos residuos en xeral, máis concretamente, dos plásticos que xeneramos.

CLAVES
MATERIAS: Interdisciplinario.
CONTIDOS: dun modo transversal tratamos contidos do currículo de materias científicas, pero tamén da mellora da competencia comunicativa, do traballo en equipo e de relación coa contorna.
SESIÓNS: É o inicio dunha liña de traballo plurianual, desenvolvida, en parte, no segundo trimestre do curso 2019/20.
OBXECTIVOS
Mellorar a comunicación e a competencia oral.

Levar a cabo un proxecto de Aprendizaxe e Servizo.

Idear solución ao problema da acumulación de botellas de plástico no instituto

Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información fiable e contrastada na internet.

Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ao público.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS

Durante a fase de concienciación da comunidade educativa, investigamos sobre diferentes xeitos de dar un segundo uso ás botellas de plástico de auga que xeneramos.

02. DESENVOLVEMENTO

Desde a fase de concienciación descubrimos que poderiamos facer un invernadoiro para o centro coas botellas de auga. Desde a materia de Tecnoloxía, puxémonos mans á obra co deseño e o cálculo de botellas necesarias. En vista de que o número era moi elevado, decidimos dar un paso adiante e propoñer un proxecto de Aprendizaxe e Servizo, de xeito que algúns hosteleiros puidesen darnos as botellas. Para iso, o alumnado de 1º de ESO, elaboraron un vídeo solicitando a participación deste sector.

Houbo un hosteleiro, de Lugo, Carlos Fernández Pérez, propietario de dous locais, La Pizzburg e El Galeón, concienciado co desenvolvemento sostible, que decidiu dar un xiro á xestión destas botellas de plástico na súa propiedade, iniciando unha recollida selectiva e brindándonos miles de botellas para levar a cabo o noso proxecto educativo.

Na seguinte fase, encargamos a estrutura metálica que dá soporte ao invernadoiro, construída por  Tecman Lugo , comprometidos, tamén, co noso proxecto e que colaborou na financiación do mesmo, e que, durante o próximo curso 2020/21 nos permitirá levar a cabo a finalización da montaxe de botellas e iniciar o seu aproveitamento didáctico.

03. AVALIACIÓN

Os indicadores de logro foron a participación do alumnado, dos axentes da comunidade educativa e do profesorado que vai desenvolver proxectos educativos na nova contorna do invernadoiro. A aprendizaxe derivada do servizo de concienciación ao sector hosteleiro. O compromiso con proxectos plurianuais.