Espazos de socialización e aprendizaxe
- Proxecto
Polos Creativos - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Terceiro trimestre - Materias
Formación Profesorado, Interdisciplinario - Cursos
2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, FP - Compartir en
facebook, twitter
A innovación require que esteamos en constante formación, como profesorado: Experiencia formativa (dentro do noso PFPP) coa comunidade.
CLAVES
- MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión. Formación do profesorado.
- SESIÓNS: Dúas xornadas para o deseño e avaliación. As precisas para a implementación.
- NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado, familias e expertos.
OBXECTIVOS
- Crear sete espazos de socialización e traballo por intereses.
- Potenciar a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa na organización e toma de decisións do centro.
- Enriquecer a dinámica de formación do equipo docente, aplicándoo ao centro e á comunidade educativa (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Desde o mes de novembro, o profesorado implicado no Proxecto de Formación vén desenvolvendo actividades de deseño de espazos e a súa potencialidade na socialización do alumnado e na participación da comunidade educativa.
02. DESENVOLVEMENTO
O 26 de abril, organizouse unha xornada de formación coa participación de profesorado, alumnado, representantes das familias, a asesora do CFR e a experta en creación de espazos inclusivos Gey Lagar, creadora do programa Patios e Parques Dinámicos. Tamén colaboraron seis alumnos e alumnas da Facultade de Formación e Profesorado de Lugo.
Nesta sesión organizáronse sete equipos mixtos (profesorado – alumnado – colaboradores – familias) que se encargaron de analizar cada ubicación e deseñar espazo e organización do mesmo.
Ao final da xornada, durante a tarde, o equipo docente, colaboradores e formadora analizaron as propostas e estudaron a viabilidade.
Para finalizar, elaborouse un documento colaborativo ao que se fará referencia na Memoria Anual do centro, no seu apartado de propostas de mellora, de cara á súa implementación no próximo ano.
03. AVALIACIÓN
Para a avaliación desta experiencia contamos con:
Abril: Grupo de debate de profesores e colaboradores, analizando a xornada e os seus produtos.
Maio: Cuestionarios de satisfacción para todos os participantes na experiencia. Adultos – Alumnado – Informe de resultados
Maio: Grupo de debate, con representación de todos os colectivos participantes, da experiencia. Elaboración dunha diana de avaliación.
EXPERIENCIAS
A participación comunitaria é un dos obxectivos marcados, a partir deste curso, no proxecto Polos Creativos. Esta foi unha experiencia de deseño, implementación e avaliación de ideas que partiu da toma de decisións colectiva.
Os produtos deste día:
O documento resumo (propostas de mellora curso 2023/24)
CONCLUSIÓNS
Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado de 1º de ESO e de FPBásica, así como co Departamento de Orientación.