A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

A cor da escola inclusiva

  • Unha casa inclusiva
  • As Cores Interxeneracionais
1/10

PRESENTACIÓN

O alumnado de 1º de ESO viviu unha experiencia fantástica de convivencia con maiores na Residencia DomusVi, en Outeiro de Rei, Lugo.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Titoría.
  • CONTIDOS: Educación en valores.
  • SESIÓNS: Unha xornada lectiva e varias sesións de titoría.
  • NECESIDADES: Contacto coa Residencia, Posibilidade de desprazamento.
  • SINERXIAS: Calquera proxecto de centro que desenvolva educación en valores.

OBXECTIVOS

  • Descubrir a diversidade como unha riqueza que está moi próxima.
  • Comprender o valor da axuda.
  • Fortalecer a empatía e potenciar a relación interxeneracional.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Desde a titoría, o alumnado traballa os valores, entre os que está o respecto á diversidade, tamén na idade, que domina esta sociedade cambiante que nos toca vivir.

Aproveitando a posibilidade de contactar coa Residencia DomusVi, a través dunha familia do grupo de 1º, decidimos facer unha xornada de convivencia que faga, da escola, un espazo inclusivo, e organizamos a viaxe.

02. DESENVOLVEMENTO

  • A TITORÍA: Importante era coñecer o que encontraríamos na Residencia, polo que ocupou diferentes momentos das sesións de clase e titoría.
  • O OBRADOIRO DE FLORES DE GOMAEVA: Organizamos un obradoiro para a creación de flores de gomaeva que levariamos, como presente, aos nosos anfitrións. A idea era unha sesión de formación en cascada. Ocupamos dous leceres, axudando a varios voluntarios que, despois, ensinarían ao resto da clase.
  • OS ENSAIOS: Coa profesora de música, o alumnado preparou unha canción que entonaría, logo das poesías lidas, aos nosos maiores.
  • A VIAXE: A acollida á que nos someteron foi tremendamente emocionante. Os presentadores foron levando o acto, desde os poemas ata o miniconcerto. Logo, foi o obradoiro de pintura compartido, as charlas, o descubrimento e desfrute mutuo… Unha mañá chea de aroma a familia, de desexo de coñecer… de ilusión en versións de moi diversas idades.
  • O REGRESO: Cheo de ideas, de vontade de voltar, de compartir novas experiencias, de axudar e axudarnos… O mural elaborado cos nosos anfitrións converteuse nunha obra maior… algo que nos une e que desde aquí compartimos convosco.

03. AVALIACIÓN

A observación do alumnado no desenvolvemento da xornada deu mostra da potencialidade da experiencia. Igualmente, o regreso nos brindou ocasión de descubrir os desexos de manter contacto coa recentemente irmanada comunidade amiga.

A elaboración de obradoiros e experiencias compartidas no futuro non lonxano será outro indicador de calidade desta xornada interxeneracional única.

EXPERIENCIAS

Para o Proxecto eTwinning “Una biblioteca para todos”, o alumnado da AulaPT, contribuíu cun vídeo da Escola é unha Casa Inclusiva na que, tamén, se recolle esta experiencia.