Aros Olímpicos: Deporte e Danza
- Proxecto
As cores - Autoría
Noemí Fernández Pedraza - Ideal para
Educación Emocional - Materias
Educación Física - Cursos
1º BAC, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, Curso 2017/18 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Coñecemos a través das cores dos aros olímpicos, emocións e sentimentos vinculados co mundo do deporte, a expresamos en cartelería e fixemos unha exposición, ademáis de deportistas dos distintos continentes(e en especial mulleres do continente Europeo, cor verde) mediante unha charla e unha exposición fotográfica sobre elas; finalmente tamén coñecemos danzas e música dos distintos continentes representados polas cores nos aros olímpicos mediante a antorcha de cores do olimpísmo.
Actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de Centro e dentro do proxecto interdisciplinar de centro que ten como temática as cores, ademáis de ser unha actividade de promoción de hábitos saudables e deportivos pois o centro ten o “Selo de calidade de Vida Saudable e Deportiva”. (na charla deronse pautas e consellos para levar unha vida saudable).
CLAVES
- MATERIAS: Educación Física, Plástica, Tecnoloxía, Lenguia Castellana y Bioloxía.
- CONTIDOS: – Educación emocional: emocións e sentimentos relacionados co mundo do deporte a través das cores dos aros olímpicos e elaboración de carteis para unha exposición. – Búsqueda, coñecemento e expresión escrita de deportístas de élite dos distintos continentes, posterior elección de continente Europeo ( cor verde). – Elección de Continente Europeo (cor verde): deportístas: mulleres de élite do continente escollido, charla sobre: “Muller, sentimentos, deporte e saúde” e exposición fotográfica sobre mulleres deportístas Galegas (Continente Europeo) e posterior comprensión escrita e exposición oral do alumnado dos programa contratos. – Búsqueda, coñecemento e expresión plástica, musical e corporal de distintas danzas de continentes representados polas cores dos aros olímpicos.
- SESIÓNS: 30 sesións ao longo do curso
- NECESIDADES: – Espazo: Pasillos do centro, Sala de Xuntas, Salón de Actos, Aulas: Plástica, Tecnoloxía, Música, Lengua Castelá, Ximnasio, pista polideportiva, Audiovisuais. – Equipo Humano: Alumnado de todos os cursos do centro e profesorado dos departamentos implicados. – Orzamento: 80 euros
- SINERXIAS: Proxecta: Proxecto deportivo de centro.
OBXECTIVOS
- Promocionar hábitos de vida saudables e deportivos.
- Loitar pola igualdade da muller no deporte, educación en valores: coeducación.
- Fomentar unha educación emocional: sentimentos e valores na vida e no deporte.
- Implicar a clubes deportivos e asociacións na realización de proxectos no centro: C.B.Ensino, Clube Tiro con Arco Narón, C.R.A.T., Taekwondo Betanzos, Meigas de Hockey e asociacions: MUDEGÁ
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
FASE 1: Organización do proxecto en tres partes: explicación do que se vai realizar en cada unha das partes, obxectivos a acadar en cada parte, participantes.
FASE 2: Organización de cada unha das partes do proxecto: Educación emocional: valores e sentimentos deportivos, coeducación, danzas e música dos distintos continentes.
FASE 3: Realización de cada unha das partes interrelacionadas entre sí, datas, horarios, alumnado e profesorado involucrado…
02. DESENVOLVEMENTO
O proxecto vai ter dúas partes distintas pero á vez ben relacionadas entre sí.
*Na primeira parte traballarase a educación emocional e a coeducación.
– O alumnado deberá facer un póster cos aros olímpicos que representan a unión das distintas culturas e continentes, cada continente vai representado dunha cor distinta: América de vermello, Europa de cor verde, Oceanía de cor azul, Asia de cor amarelo e África de cor negro.
Deberán expresar por escrito ao redor do aro ou dentro do mesmo sentimentos ou valores deportivos e da vida que lles suxira a cor do aro. Por exemplo: negro, decepción, fracaso,…
O mostrarán e explicarán a finais do segundo trimestre na clase de Educación Física que lle corresponda a cada curso.
– Por outra banda deberán escoller 5 deportistas de élite, un de cada continente e por escrito facer un pequeno póster de cada un deles: fotografía, logros acadados…
Exporán os poster a finais do segundo trimestre na clase de Educación Física que lle corresponda a cada curso.
– Centrándonos no noso continente: Europa (cor verde), e máis en concreto en Galiza, escolleránse deportistas de equipos de élite galegos, en concreto mulleres, e traballaranse ademáis de sentimentos e valores deportivos (representados con anterioridade nos poster segundo as cores) a coeducación: igualdade da muller e o home no deporte e hábitos de vida saudable, mediante unha charla e unha exposición fotográfica no centro.
– A charla acudirán deportistas mulleres de clubes galegos o día 21 de marzo no salón de actos do IES dende as 12.20 ata as 14.00 horas.
Os grupos de alumnos implicados na actividade distribuíronse as 12h cada un na posición estipulada (anfitriones, alumna coordinadora dos distintos grupos, encargado de elaborar guión xeral, fotógrafos, responsables de imaxe e son, decoración, detalles para as deportistas, alumnado que expón diapositivas, presentadores da charla, alumnado con preguntas preparadas na clase de Lingua Castelá para as deportistas)
As 12h foi a recepción das deportistas na entrada do IES, polos anfitrións (un padrino e unha madrina para cada deportista) dirixidos pola alumna encargada do seguimento do guión xeral da actividade, fixéronlles entrega de dúas flores a cada deportista, sacáronse fotos con elas e acompañáronnas ao Salón de Actos as 12,20h, hora de comenzo da actividade.
A actividade comezou no salón coa presentación das deportistas presentes de dous alumnos do centro, e a posterior escoita do himno do deporte (traballo de colaboración entre dous departamentos do centro: Educación Física e Música), presentado por un alumno con necesidades educativas específicas do centro.
De seguido uns alumnos explicaron unhas diapositivas sobre: a evolución da muller no tempo nos distintos ámbitos, incluido por suposto o deportivo e alimentación saludable.
Despois as deportistas contaron as súas experiencias acerca da igualdade de xénero no deporte que practican e sobre sentimentos que sentiron practicando o seu deporte na súa traxectoria deportiva, ademáis de ter a posibilidade de visionar vídeos de deportístas mulleres de distintos clubes galegos que enviaron a súa mensaxe dedicada a comunidade educativa con con consellos sobre: coeducación, hábitos saudables, valores deportivos e da vida…
A xornada finalizou con fotografías, autógrafos e uns pinchos.
– A exposición fotográfica sobre mulleres deportistas galegas, estivo colocada nos corredores do IES por un total de dúas semás (06 de abril-20 abril). Todos os cursos na hora de Educación Física pasaron a visitala e atenderon as explicacións das fotografías. O alumnado da ESO fixo un esquema sobre a exposición (ademáis valoraráse dito esquema ao alumnado destinado a asignatura de Educación Física para facer o esquema de comprensión escrita, referínte ao programa Contrato) no cal mostraron os distintos sentimentos que lles producían as historias que había detrás de cada unha das fotografías ( depresión, fracaso, éxito, alegría, reconocimiento…)
*Na segunda parte traballaranse danzas e música dos distintos continentes do mundo.
– Cada curso da ESO (1º, 2º, 3º, 4º) e 1ºBAC, traballarán e aprenderán a bailar na clase de Educación Física unha danza dun continente representado nos aros olímpicos
1º ESO: EUROPA
2ºESO: ÁFRICA
3ºESO: OCEANÍA
4ºESO: AMÉRICA
1ºBAC: ASIA
A súa vez na clase de Música traballarán e aprenderán a tocar a música de dita danza.
Alumnado de plástica elaborará un gran tapiz cos aros olímpicos.
Posta en escena: ao redor do tapiz cos aros de cores, un alumno levará unha gran antorcha olímpica (símbolo do olimpísmo), parará en cada aro, que terá unha cor diferente en función do continente que represente e dará o sinal para que cada grupo (un por cada nivel da ESO e 1º BAC) baile e toque cada unha das danzas escollidas.
03. AVALIACIÓN
Sobre as actividades desenvolvidas no proxecto: a valoración da maioría do alumnado e profesorado foi positiva e gratificante, ademáis de habelas considerado moi formativas.
EXPERIENCIAS
– CHARLA DE MULLERES DEPORTISTAS
– MENSAXES DE MULLERES DEPORTISTAS GALEGAS
–EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE MULLERES DEPORTISTAS
– DANZAS E MÚSICA DOS DISTINTOS CONTINENTES:
– IMAXES DAS DISTINTAS EXPERIENCIAS
– ARTIGOS DE PRENSA: