A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «As árbores de Díaz Castro»

  • Rosandy e David explican esta actividade que se fai na Aira dos Coira, no Vilariño
  • Os guías reciben ó grupo xunto ó teixo, na Aira dos Coira
  • En grupos de dous, os participantes terán que calcular a idade das árbores
  • As árbores identifícanse cun número e deben mediar a 10-20 cm do chan
  • Anfitrións e guías axudan os grupos a facer os cálculos coa ficha entregada
  • O obxectivo é calcular con que idade de Díaz Castro coincidiu a árbore
  • Tras poñer en común os resultados, escollemos unha árbore para unha foto
1/7

MATERIAIS NECESARIOS

  • 4 Cintas métricas
  • 4 Lapis
  • 4 Libretas
  • Plano da aira cos datos das árbores e a fórmula
  • 1 Poema de Esmeralda
  • Fotos de Díaz Castro con pinza
  • Números identificadores para colgar nas árbores
  • Calculadoras ou móbiles
  • Manual parada 02

PASO A PASO

  1. Colocar os identificadores nas árbores (con número e folla)
  2. Situarnos na aira, preto do pozo para recibir aos visitantes
  3. Presentación do espazo e explicación do xogo
  4. Facemos 2/3 grupos asignando unhas árbores a cada grupo
  5. Repartir a ficha cos datos e o mapa
  6. Axudar a facer o xogo indo dun grupo a outro para comprobar que o entenderon
  7. Dar as fotos de Díaz Castro para colgar cando as vaian pedindo
  8. Conclusión e posta en común no punto do inicio
  9. Escollemos unha árbore entre todos para a foto final
  10. Lemos Esmeralda nesa árbore e facémonos unha foto de grupo
  11. Recollemos o material para deixalo listo para o seguinte grupo
  12. Se rematamos levamos todo

NOTAS

  • Os identificadores teñen que pendurarse das árbores antes da chegada do grupo
  • Repartimos as fichas creando grupos de 2-3 persoas.
  • Os guías van circulando ofrecendo as fotos de Díaz Castro para pendurar.
  • Imos sinalando as árbores no mapa e no lugar a medida que as identifican.
  • Se as idades resultantes sorprenden aclaramos que a fórmula non é un método exacto e que o crecemento depende da calidade do chan, a auga ou a presenza de máis árbores preto.

PRESENTACIÓN

Estamos na Aira dos Coira, na parte de atrás da Casa de Díaz Castro, quen seguramente viu crecer moitas das árbores que nos rodean. O poeta naceu en 1914 e estas árbores… que pensades? Son máis vellas? De que época da vida de Díaz Castro credes é cada unha? Ímolo averiguar!

ACTIVIDADE

Imos identificar as árbores e calcular a súa idade, para saber se coincidiron co Díaz Castro neno, xoven, adulto ou vello. Por exemplo, este teixo de aquí. Sabiades que é unha árbore tóxica? Excepto na semente, se non os paxaros non poderían extendelas. Cantos anos credes que ten?

A maneira máis exacta de saber a idade dunha árbore é contar os aneis do tronco pero para iso teríamos que cortala. Asú que empregaremos outro método: medir o contorno do tronco e aplicar unha fórmula sinxela.

Tedes todas as instrucións nesta ficha. Ides ir por grupos a identificar 3 árbores, calcular a idade e pedirnos a foto de Díaz Castro que pensades que hai que colgarlle porque lle corresponda por idade. So hai unha foto por árbore, así que ten que cadrar. Cando rematedes xuntámonos na aira.

  • A ameixeria é a nº 1
  • Este acivro é o nº 2
  • A carballo é a nº 3
  • O ciprés (nº 4) no fondo
  • Este pradairo é a nº 5
  • O castiñeiro é a nº 6
  • O teixo é a árbore 7
  • Escollemos o tronco
  • Axudamos a medir
  • Calculamos a idade
  • E relacionamos datas
1/11

CONCLUSIÓN

Agora que xa identificamos tódalas árbores imos compartir os datos. Que árbore é e cantos anos ten a número 1? E a número 2? A 3? A 4? A 5? A 6? E a árbore 7?

Cales desas árbores xa estaban aquí cando Díaz Castro era un neno? E cando estuda no seminario? Cales se plantaron mentres vivía en Madrid e viña aquí a pasar os veráns?  E cales son as máis novas que el coñeceu xa de xubilado, cando regresou a Guitiriz?  

As árbores de Díaz Castro, idades

Díaz Castro amaba a natureza e de neno gustáballe identificar as plantas e animais que atopaba por estes camiños. Tamén coleccionaba niños de paxaros e seguro que era moi bo trepando as árbores.

Nós non imos trepar pero si escoller unha das árbores para ler ESMERALDA un dos seus poemas máis famosos. Imos ler unha estrofa cada un: «Herba pequerrechiña que con medo surrís / ó sol que vai nacendo / e morrendo sin ti, / por que de ser pequena te me avergonzas ti? / O Universo sería máis pequeno sin ti!»

E agora si, podedes ir á seguinte parada ou se rematastes ir ata o punto da despedida . Moitas grazas!