Titorial «As árbores de Díaz Castro»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Nuria Sánchez, Leticia Barbadillo - Ideal para
Interactuar co entorno - Materias
Bioloxía, Matemáticas, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
- 4 Cintas métricas
- 4 Lapis
- 4 Libretas
- 4 Plano da aira cos datos das árbores e a fórmula
- 4 Fichas para que cubran os visitantes (imprimir cada vez)
- 1 Poema de Esmeralda
- Fotos de Díaz Castro con pinza
- Números identificadores para colgar nas árbores
- Calculadoras ou móbiles
- Manual parada 02
PASO A PASO
- Colocar os identificadores (con número e folla) nas árbores
- Cando chega o grupo, facemos a introdución
- Platexamos o obxectivo: saber se as árbores conviviron co poeta
- Facemos 4 grupos repartindo 2 árbores para identificar a cada grupo
- Dámoslle o mapa coa fórmula e os datos que precisan
- Indicámoslles que ó rematar debemos atoparnos no centro da aira
- Anfitrións e guías axudan ós grupos
- Os guías reúnen ós participantes na aira se remataron os cálculos
- Posta en común do resultado: época de Díaz Castro de cada árbore
- Escollemos entre todos unha árbore para unha foto de grupo
- Trala foto lemos Esmeralda e despedimos o grupo
- Antes de que marchen recollemos o material que empregaron
NOTAS
- Hai tarxetas identificadoras para un máximo de 60 participantes.
- Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e facer as actividades de forma simultánea.
- Os grupos deben ser mínimo de 8 persoas, podemos eliminar cores e facer menos grupos
- Decidimos cantos grupos vai a haber e preparamos os versos necesarios de cara cor
- Se o número de participantes non é múltiplo de tres os guías collen o verso sobrante
- Levamos o poemario de Nimbos na man para amosalo.
- Non entregamos os mapas ata o final para que estean expectantes á conclusión
PRESENTACIÓN
Estamos na Aira dos Coira, que linda coa parte traseira da casa de Díaz Castro, polo que o poeta posiblemente xogaba aquí de neno. Moitas das árbores que vedes nesta aira xa estaban aquí en 1914, cando Díaz Castro naceu, como esta que hai xunto ó pozo. Sabedes que árbore é? É un teixo, unha árbore tóxica excepto na envoltura das sementes, se non os paxaros non poderían dispersalas e a árbore non podería reproducirse. E sabedes cantos anos ten? Imos averigualo.
ACTIVIDADE
Imos calcular cantos anos teñen algunhas destas árbores para saber en que época da vida de Díaz Castro foron plantadas. Que método coñecedes para averiguar a idade dunha árbore? O máis fiable é contar os aneis do tronco, pero para iso teriamos que cortalaS o cal non lle gustaría nada a Díaz Castro, xa que era un amante da natureza. O que imos facer é medir o contorno do tronco e aplicar a fórmula e os datos que vos damos xunto co plano da aira.
Temos oito árbores marcadas cun número. Imos facer catro grupos e cada un identificará e calculará a idade aproximada da árbore e en que ano foi plantada. Despois colgará a foto da etapa do poeta na que conviviu con esa árbore. Por exemplo, se a árbore estaba aquí antes de 1914 coincide coa súa infancia; se foi plantada despois de 1929, será da súa xuventude. Tódolos datos que precisades están na guía. Nós e os anfitrións axudarémosvos. Cando rematedes xuntámonos na centro da aira.
CONCLUSIÓN
Ó rematar compartimos os datos cos compañeiros. Que especie é, que características ten e en que ano foi plantada cada árbore? Cales destas árbores xa estaban aquí cando Díaz Castro era un neno? E cando era un xoven estudante no seminario? Cales se plantaron mentres vivía en Madrid e pasaba aquí os veráns? E cales coñeceu xa xubilado, cando regresou a Guitiriz?
Fixemos esta actividade porque Díaz Castro amaba a natureza e de neno gustáballe identificar as plantas e animais que atopaba polos camiños. Coleccionaba niños de paxaros e seguro que era moi bo trepando as árbores. Nós non imos trepar pero si escoller unha árbore para ler Esmeralda, un dos seus poemas máis famosos, e facernos unha foto co Díaz Castro correspondente.
ESMERALDA
Herba pequerrechiña que con medo surrís / ó sol que vai nacendo / e morrendo sin ti, / por que de ser pequena te me avergonzas ti? / O Universo sería máis pequeno sin ti!