As augas termais en Guitiriz
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Ana Sánchez - Ideal para
Contextualizar unha visita ó balneario - Materias
O poeta Díaz Castro, Química - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
INFORMACIÓN XERAL
Denomínase auga termal á que emana á superficie cunha temperatura 5°C máis alta que a temperatura media anual do lugar. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura; son ricas en diferentes compoñentes minerais e permiten a súa utilización en tratamentos terapéuticos como: baños, inhalacións, irrigacións…
Xeralmente atópanse ao longo de liñas de fallas pois neals poden introducirse as augas subterráneas que se quentan ao chegar a certa profundidade e soben despois en forma de vapor (que pode condensarse ao chegar á superficie, formando un géiser) ou en forma de auga quente.
As augas termais clasifícanse desde diversos puntos de vista : físico, químico, fisicoquímico, bacteriolóxico e outros. Non hai criterios de clasificación estandarizados. O de maior aceptación a nivel mundial é o baseado na mineralización predominante e especial que poden conter as augas. Así temos augas sulfuradas, cloruradas, sulfatadas, ferruginosas, bicarbonatadas, carbónicas, radioactivas…
Clasificación de acordo coa súa temperatura
Considerando a temperatura fisiolóxica do corpo humano, temperatura na cal non se sinte nin frío nin calor, as augas termais poden ser clasificadas en:
- Augas hipotermais: augas con temperaturas inferiores a 35 ºC.
- Augas mesotermais: augas con temperaturas entre 35 e 37 ºC.
- Augas hipertermais: agas con temperaturas superiores a 37 ºC.
Clasificación dacordo coa súa mineralización global
Considerando a súa mineralización global, é dicir, o total de sólidos disoltos nas augas termais, estas pódense clasificar en:
- Oligominerais: conteñen sólidos disoltos en concentración inferior a 100 mg/L;
- De mineralización moi débil: conteñen sólidos disoltos entre 100 e 250 mg/L;
- De mineralización débil: conteñen sólidos disoltos entre 250 e 500 mg/L;
- De mineralización media: conteñen sólidos disoltos entre 500 e 1000 mg/L;
- De mineralización forte: conteñen sólidos disoltos en concentración superior a 1000 mg/L.
Clasificación dacordo á súa composición
Cando as augas termais teñen máis dun gramo por litro de mineralización global, a clasificación das augas, segundo a súa composición, faise de acordo ao seu contido aniónico e catiónico predominante. As augas termais considéranse como bicarbonatadas, cloruradas, sulfatadas, sódicas, cálcicas ou magnésicas cando o ión correspondente supera o 20% do contido aniónico ou catiónico. Cando a mineralización non supera o gramo de residuo por litro indícase só como ións predominantes seguindo o criterio anterior.
En España clasifícanse como augas ferruxinosas as que teñen máis de 5 mg/L de ferro total e como augas sulfuradas as que teñen máis de 1mg/L de xofre en forma de H2S (sulfhídrico) ou de HS (bisulfuro).
Clasificación dacordo ao seu pH
- Ácidas: cando o pH é inferior a 6,8.
- Neutras: cando o pH está entre 6,8 e 7,2.
- Alcalinas: cando o pH é superior a 7,2.
Clasificación pola súa orixe xeolóxica
Segundo este criterio poden ser clasificadas como magmáticas ou telúricas.
- As augas magmáticas. Son primitivas. Xorden dunha directa relación con filóns metálicos ou eruptivos. As súas temperaturas son elevadas, sempre superiores a 50ºC. Teñen un caudal periódico, rítmico e constante e a súa temperatura e composición tamén son constantes.
- As augas telúricas. Denomínanse tamén augas de “infiltración” e poden xurdir de cualquera tipo de terreo. O seu caudal é variable, segundo os réximes de chuvia e estacións do ano. As temperaturas rara vez chegan aos 50 ºC . O grao de mineralización é de mediano a baixo e a concentración de minerais é inversamente proporcional ao seu caudal.
O aproveitamento das augas mineromedicinais en Galicia ten unha antiquísima tradición aínda que, como case todos os balnearios españois, tivese épocas de declive. A súa utilización remóntase, polo menos, á época da dominacion romana como o atestiguan restos arqueolóxicos e lápidas votivas atopadas nas proximidades de balnearios como Acuña, Bande, Cuntis, Lugo ou Mondariz entre outros.
BALNEARIO DE PARDIÑAS
A auga do Balneario de Pardiñas é clorurada sódica. Sae a unha temperatura de 13ºC, polo tanto, é fría. As súas características máis sobresaíntes son: mineralización moi débil (226mg/L de residuo seco); pH lixeiramente alcalino (7,9); elevado contido en sílice (37,45 mg/L); e importante contido en flúor (acada os 11,1 mg/L).
FONTE SANTO DOMINGO
As augas bicarbonatadas-sulfuradas sódicas teñen aplicación nos tratamentos do reuma, afeccións traumatolóxicas, da pel, do aparello respiratorio e do sistema nervoso, e como bebida para as afeccións do fígado e do estómago.
As augas cloruradas dan bos resultados como estimulantes da cicatrización e das defensas orgánicas en afeccións óseas, ganglionares e cutáneas, atopando grandes aplicacións nos procesos reumáticos crónicos, secuelas postparapléxicas e posthemipléxicas, afeccións xinecolóxicas e do aparello circulatorio.
As augas fluoruradas preveñen a carie dental, especialmente de forma favorable no período de formación do cemento do dente. O ión fluoruro absórbese no intestino e distribúese por todo o organismo, fixándose selectivamente nos tecidos óseos.
ANÁLISES QUÍMICAS (Correspondentes ao ano 1992)
BALNEARIO DE GUITIRIZ
FONTE PINAR
A agua da Fonte Pinar é bicarbonatada-sulfatada sódica e sae a unha temperatura de 15ºC, polo tanto, é fría. As súas características máis sobresaíntes son: mineralización moi débil (242 mg/L de residuo seco); pH alcalino (8,25) e alto contido en flúor ata 14 mg/L.
ANÁLISES QUÍMICAS (Correspondentes ao ano 1998)
FONTE SAN XOÁN (Lagostelle)
A auga da Fonte de San Xoán mostra unhas características similares ás da fonte do Pinal. É bicarbonatada-sulfatada sódica e sae a unha temperatura entre 15-17ºC, polo tanto, é fría. As súas características máis sobresaíntes son: mineralización moi débil (267 mg/L de residuo seco); pH alcalino (aproximadamente 8,66); importante contido en flúor (14,5 mg/L)
ANÁLISES QUÍMICAS (Correspondentes ao ano 1998)
Se queredes máis información sobre os balnearios en Galicia podedes entrar na web do Instituto Geológico y Minero de España o consultar este informe.