Experto en chuletas en 5 pasos
- Proxecto
Desconecta - Ideal para
Exercitar a capacidade de síntese - Materias
Filosofía, Lingua e Literatura Galega, Matemáticas - Cursos
1º ESO, 2º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
EQUIPO
Francisco Loureiro, Olga Aguiar, María Miragaya.
SINOPSE
Trátase de que o alumnado aprenda, desenvolva e afiance as destrezas necesarias no tratamento da información, como emisor ou como receptor; de que distinga o esencial do supérfluo e de que sexa quen de organizar a información de xeito coherente e significativo.
COMO O FIXEMOS
- Intentamos proporcionar un método de traballo para un tratamento da información o máis eficaz posible desde unha perspectiva lúdica e acorde cos intereses do alumnado utilizando como reclamo as “chuletas” ou o “método do prohibido”.
- Escollimos a narrativa de memes porque se trata dun código visual, directo, áxil, sinxelo e moi actual, próximo ao noso alumnado.
- Tamén o escollimos porque require moi poucas ferramentas, moi accesibles e fáciles de manexar: teléfono móbil e unha app que permita editar texto en imaxes.
QUE DIFICULTADES XURDIRON
- Require unha gran capacidade de precisión e de síntese na expresión e tamén unha organización da información escrupulosa, tanto no aspecto verbal como no tratamento das imaxes.
QUE OPORTUNIDADES OFRECE
- Aplicar o principio de economía “menos é máis”.
- Resolver con recursos accesibles, cos recursos que xa temos.
- Aplicable a calquera tipo de contido, tema ou materia.
CLAVES
- Botar man da imaxinación e da creatividade.
- Utilizar ferramentas básicas, sinxelas, para que estean ao servizo da aprendizaxe e non á inversa e nos permitan centrarnos en ofrecer contidos relevantes, estimulantes e necesarios.
COMO LEVALO Ó AULA
- Pódese facer en dúas sesións.
- Na primeira sesión, faise a proposta de traballo (Pódese introducir esta sesión utilizando uns “memes”, por exemplo o que elaboramos aquí), organízanse os grupos de traballo e danse as instrucións pertinentes: temas, amplitude…e, por último, o alumnado empeza a traballar.
- Na segunda sesión, rematan o traballo e faise unha posta en común coa mostra dos “memes realizados”. Coméntanse os acertos e os erros detectados no traballo de síntese e organización da información. Tamén, aspectos lingüísticos e semióticos relevantes.
IDEAL PARA
- Ao remate de cada tema, resumir adecuadamente os contidos traballados en calquera materia.
- Traballar as Competencias Clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
- Traballo colaborativo.
- Aprendizaxe entre iguais.
RECURSOS
- teléfono móbil para as fotografías.
- App de memes para insertar texto en imaxes.
- E para composición de escenas: imaxinación.
- O GIF final editámolo en Photoshop pero hai outras aplicacións que permiten facelo.