A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Como funciona un microscopio?

  • O alumnado de 1º de BAC explica os detalles dun microscopio

Vídeo titorial realizado polo alumnado de 1º de bacharelato no que amosan varios aspectos relacionados co microscopio óptico: partes do mesmo, enfoque dunha mostra, uso do obxectivo de inmersión e mantemento e precaucións no seu uso.

Este vídeo é unha ferramenta pensada para o profesor ao comezo das prácticas de microscopía xa que facilita e concentra, en apenas cinco minutos, pautas sinxelas para manexar de forma segura un microscopio óptico. Realizado no aula de Bioloxía guiados pola profesora Nuria Sánchez.