A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Construción dun hotel de insectos

1/5

Participamos nun proxecto eTwinning que ten como obxectivo a construcción dun hotel de insectos, logo dunha serie de actividades de investigación que xustifican a súa creación.
Ademais é un proxecto internacional, xa que se propón a creación dunha cadea de hoteis coa que se poderá comparar a colonia de insectos nos distintos países.
Durante o proceso, outras aprendizaxes teñen que ver coa asimilación do carácter europeo, coa práctica de idiomas, co descubrimento doutras culturas…

Con esta idea, para completar a obra do Invernadoiro creado con botellas de plástico reutilizadas, xurdiu a posibilidade de construír un hotel de insectos. No marco dun proxecto europeo eTwinning, o hotel converteuse en parte dunha Cadea de Hoteis de Insectos, con sedes en España, Portugal e Turquía.

A organización e desenvolvemento deste proxecto está, tamén, enmarcado nun Plan Proxecta, o de Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning, modalidade esta que se acompaña dunha formación específica para o profesorado participante.

                                                                           

CLAVES

  • MATERIAS: Titoría, Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, FPBas.
  • SESIÓNS: Foron todas as necesarias ao longo de dous meses.
  • NECESIDADES: Materiais de construción. Colaboración da comunidade.

OBXECTIVOS

Creación dun hotel de insectos en colaboración con outros departamentos e para o cumprimento dos obxectivos propios do proxecto eTwinning.
-Analizar o efecto da pegada humana sobre a natureza.
-Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto europeo.
-Implicar ao alumnado na apropiación do seu entorno e da súa propia aprendizaxe, especialmente no respecto á súa diversidade.
-Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das sus propias características, atendendo á súa diversidade.

 

                                                                                       

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Logo de chegar a un acordo coa forma que lle íamos dar o hotel, fixemos entre todos un esbozo na pizarra

Tomando como base este esbozo empregamos un programa de diseño asistido por ordenador para ter o cálculo exacto das pezas:

Pedido de material: Unha vez que tiñamos as medidas exactas de todas as pezas, calculamos o pedido nunha folla de cálculo de Google

 

02. DESENVOLVEMENTO

Chegado o material que precisabamos, deixamos secar a madeira durante 1 mes.
Empregamos dous tipos de pezas:
Nervio de 5 x 5 x 240 cm e táboa ripa de 15 x 2,5 x 250 cm.
Seguindo o plano de despezamento, os alumnos marcaron as medidas na madeira e cortaron as pezas que precisamos. Para facilitar o traballo decidimos unir as pezas con parafusos.
Comezamos a construcción polo prisma que forma o corpo principal do cabazo. Tódalas paredes do prisma, agás a dianteira, cubrímolas con táboas da medida axeitada.
O mesmo tempo que uns traballan no corpo do cabazo, outro grupo encárgase do tellado. Para facer un tellado a dúas augas constrúen triángulos isósceles, de tal xeito que a pendente das alas do tellado será de 45º. Logo montan os triángulos sobre unha base rectángular do tamaño do cabazo e, por último, recubren os triángulos con táboas.
Un terceiro grupo empeza a construcción das portas. Levan unha malla metálica pola parte interior para axudar a conter o o material de recheo do hotel. Logo fíxanas o corpo do hotel con bisagras e póñen un peche para mantelas cerradas.
Unha vez acabado o corpo do hotel colocan as divisions interiores. Para que poidan ser extraíbles fácilmente van suxeitas por listóns de madeira.

03. AVALIACIÓN

Avaliación inicial:
-Ideas para o desenvolvemento e detección de necesidades.
Avaliación formativa:
-Conversas continuas co alumnado, profesorado e departamentos implicados.
Avaliación continua do proxecto:
-Autoavaliación.

– Avaliación dos produtos e subprodutos esperados.

-Cuestionarios de satisfacción de usuarios.
Avaliación final:
-Exposición de resultados e proceso.

-Autoavaliación e propostas de mellora.
-Memoria final.

EXPERIENCIAS

A colaboración das familias: O tío do noso alumno Xoel, de profesión louseiro, deunos unha masterclass para cubrir con este material o noso tellado.

 

TwinSpace público do proxecto.

Blog de Educación Patrimonial.

Blog de Educación Patrimonial II

CONCLUSIÓNS

Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado de 1º de ESO e de FPBásica, así como co Departamento de Orientación.

</div