Arquitectura da Terra Chá
- Proxecto
Díaz Castro - Ideal para
Interpretar o entorno - Materias
Historia, O poeta Díaz Castro - Cursos
Curso 2012/13 - Compartir en
facebook, twitter
A Casa
Hai unha irmandá íntima entre as cousasque eu, borracho de amor, canto, como hai
unha amiga relación entre as lousas
que a testa che cobren, ti que te apousas
entre o pinar, ouh casa do meu pai
(Follas ó Aire)
A casa-vivenda caracterízase por ser grande e voluminosa. Disponse xeralmente á beira dun camiño ou ao remate dunha corredoira que se comunica con el. Poden constituír barrios de unha ou varias casas. O modelo máis común é unha edificación de dous andares de grandes dimensións e planta cadrada ou rectangular. O seu volume é cúbico cunha cuberta de lousas de xisto a dúas ou a catro augas.
Son tamén características de moitas casas da zona as grandes chemineas, de planta cadrada ou rectangular e feitas tamén en lousa de xisto. Os materiais máis comúns son xisto, algo de granito e madeiras de carballo e castiñeiro. Tamén pódese utilizar barro para revestilas.
A planta térrea divídese en cociña con lareira e cortes comunicadas a través dous pasadoiros. As portas adoitan ser de dúas follas horizontais enmarcadas en pedra ben traballada. Os vans (bufardas ou fachinelos) que permiten a aireación das cortes da planta baixa, son moi estreitas, uns 10 ou 15 cm, e poden ser verticais ou horizontais, construídas en granito. As veces pode levar adosado un alpendre.
No primeiro andar; cuartos de durmir, sala onde desemboca a escaleira e faiado. Así na casa intégranse tamén espazos que cumpren unha función relacionada coa actividade agrícola e gandeira.
As veces estas construcións non están pegadas ou integradas na casa-vivenda, pero sempre cerca delas: alpendres para gardar o carro, os arados e outras ferramentas imprescindibles para o traballo do campo, palleiras para a palla e a herba, hórreos para o millo e as patacas, a eira… Se miras ó teu arredor poderás ver algunhas destas construcións.
Alpendres
Pendello, cobertizo, chozo, alboio…Espazo de almacenamento para os trebellos necesarios para o traballo (arado, carro, grade, legóns…), almacenar leña, toxo, palla, herba… se non hai unha construción específica para facelo. Utilizábase tamén para facer certos traballo artesanais a cuberto (arranxar ferramentas, traballos de carpintería, cortar leña etc).
Con frecuencia está pechado so por tres das súas caras. Hainos tamén pechados polas catro caras cun portalón de madeira ou abertos por dúas caras, con piares de pedra para suxeitar a cuberta. As veces o alpendre fai tamén de palleira.
As Palleiras
O seu uso fundamental e gardar a herba e a palla que serve para alimentar ó gando e facer a cama das cortes. Ten que construírse con máis coidado que un simple alpendre, pois vai gardar un produto perecedoiro e moi importante para a economía familiar. Está cerca da vivenda e das cortes das vacas.
As veces pode estar adosada a vivenda principal pero con máis frecuencia adoita ser unha construción independente, con un ou dous andares (o superior é a barra). Neste caso a planta terrea adoita usarse como alpendre. Os muros poden ser todos de pedra, ou cunha parte feita con esteos de madeira, de xeito que deixen circular ben o aire. Normalmente teñen un gran portón nas dúas plantas (se as hai) para poder introducir e sacar con facilidade a palla ou a herba e facilitar a aireación.
A Eira
Trátase dun espacio o mais chairo posible, ben cunha superficie de terra alisada ou cuberto con lousas de pedra. Neste caso poden levar un reborde duns 20 cm para impedir que o gran saia fora durante a malla. Fanse nun lugar ben soleado e aireado para aventar o gran despois da mallar.
Hai eiras comunais de todos os veciños dun lugar que se usan por turnos e eiras particulares, dunha casa. Neste caso faise cerca da palleira onde se vai almacenar a palla. O seu uso principal era facer nela a malla, no mes de agosto. O resto do anos podíase usar para outras cousas.
Na eira realizábase no mes de agosto, unha das labores máis importantes do calendario agrícola, a malla. Consistía en separar o grao de trigo ou centeo da palla, para despois almacenalo por separado. A malla tradicional requiría moitos homes e mulleres polo que se xuntaban todos os veciños do lugar para se axudar uns ós outros. Facíase co malle.
Os mollos de trigo ou centeo bótanse no chan da eira e os home dispóñense en dúas ringleiras e baten a ritmo, as veces marcados con cancións co pértego nas espigas para separa o gran. Despois as mulleres apañan a palla por un lado e cunha vasoira xuntan todo o gran que quedou no chan para aventalo co pandeiro a peneiralo.
A malla remata cunha boa comida e se hai música e festa. Así que a eira era tamén un espazo de encontro e festa. Coa chegada das máquinas malladores cambiou a forma de mallar, pero non o lugar nin o feito de se xuntar varios veciños para se axudar.
Nestes versos Diaz Castro recolle este momento da chegada das novas máquinas
¡Que de veces un cantar
oín da boca sin dentes
dunha vella sepulcral
que daba voltas ó fuso
recuada no portal
mentras s´oían as falas
dos rapaces no pallar
i-oíase o doce arume
das máquinas de mallar!
…..
Divina noites d´agosto
vida, amor, felicidá
ceio cargado d´estrelas,
airas cubertas de pan
O Hórreo
O hórreo é a construción máis destacada e chamativa da arquitectura popular galega. Está moi vinculado ó cultivo do millo, pois a súa función primordial foi a de graneiro para secar e conservar as espigas do millo. Para cumprir esta función os muros teñen que impedir que penetren a chuvia e o sol ó tempo que facilitan a circulación do aire, co fin de asegurar a desecación das espigas de millo. Para facilitar a conservación necesario illar a cámara de humidade do chan. Por último tamén precisase impedir que pequenos roedores poida acceder a cámara. O hórreo cumpre a estupendamente todas estas condicións.
O tamaño ou cantidade de hórreos dunha casa simbolizan tamén a riqueza (a cantidade de millo a gardar) da casa. Trátase dun elemento chamativo e coida máis a estética que outras construcións: boa cantería, decoración, remates no cumio…