Convivencia positiva!
- Proxecto
ODS - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Decembro 2021 - Xuño 2022 - Ideal para
Mellorar a convivencia e empoderar ao alumnado. - Materias
Formación Profesorado, Orientación, Proxectos, Titoría - Cursos
Todos - Compartir en
facebook, twitter
Ou como convivir ao abeiro dun Equipo de Mediadores!
Un dos ODS que nos ocupan durante este curso é o número 3, “Saúde e benestar”. O longo período que vai desde o confinamento inicial ao momento actual da pandemia, foi deixando un rastro de modificacións nas relacións persoais, motivado por distancias sociais obrigatorias e illamentos esporádicos que foron afectando á nosa comunidade educativa.
En todo este tempo un novo escenario relacional foi tomando corpo, as redes sociais, convertendo en natural unha comunicación virtual por riba da presencial e necesaria. Tendo en conta que as RRSS precisan dunhas ferramentas persoais de xestión do medio, o alumnado de menor idade, con frecuencia, atopou nelas un espazo no que descubrir novas aprendizaxes. Mais isto non veu só, foi , en paralelo, que descubrimos pequenos conatos de conflitividade persoal.
Nesta contorna, pensamos que era un bo momento para dar o paso e formar un bo equipo de mediadores entre os nosos alumnos, o que fixo indispensable, tamén, que o profesorado aprendera as técnicas da mediación.
CLAVES
- MATERIAS: Titoría.
- CONTIDOS:Módulo IPresentación das formadoras e introdución do obradoiroActividades e xogos de coñecemento dos participantes co obxectivo de facer un grupo cohesionado.
O conflito.
Módulo II
Elementos do conflito. Análise de conflitos. Guía para a análise do conflito. Estilos de afrontar conflitos. Exemplos e casos
Módulo III
Técnicas de resolución de conflitos. A mediación. Concepto. Proceso. Casos prácticos
Módulo IV
A comunicación: Obstáculos.
Habilidades de comunicación: Linguaxe non verbal. Escoita activa. Mensaxes en 1ª persoa. Práctica
Módulo V
Simulación do proceso de mediación con conflitos concretos entre alumnado. Avaliación do proceso de mediación.
Avaliación do Obradoiro
- SESIÓNS: Foron 8, repartidas como segue:
-1 sesión introdutoria para o profesorado interesado.
-3 sesións comúns: para alumnado e profesorado interesado.
-2 sesións dobres: para o alumnado de 1º e 2º de ESO por unha banda, e para 3º e 4º de ESO, pola outra, acompañados, ambos, polo profesorado interesado no programa. - NECESIDADES: O programa de formación de mediadores tivo especialistas externos implicados. Igualmente, fíxose precisa unha inversión de tempos académicos para o desenvolvemento da formación.
OBXECTIVOS
Mellorar a formación permanente do profesorado e as aprendizaxes do alumnado en relación coa resolución de conflitos.
Mellorar a convivencia do centro cunha liña de mediación entre iguais.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
O profesorado, ao abeiro do seu Programa de Formación Permanente en centro, deseñou unha liña de traballo vinculada á mellora da convivencia, así como á facilitación da socialización a través da creación de espazos amables.
Nesta liña, houbo unha sesión de formación específica sobre Equipos de Mediación entre Iguais.
02. DESENVOLVEMENTO
Decidida a liña de traballo, iniciouse unha campaña de sensibilización e motivación de cara á resolución pacífica de conflitos e ao coñecemento da función do Mediador. Desta etapa xurdiu a primeira listaxe de interesados, entre o alumnado, de participar nesta iniciativa.
Deseñaronse as liñas formativas, xunto coas dúas expertas que se encargaron de impartir os obradoiros, así como encaixar as sesións dentro do horario lectivo para non discriminar ao alumnado transportado. Estas sesións leváronse a cabo entre xaneiro e febreiro, sendo comúns para os catro niveis da ESO, nas tres primeiras e diversificáronse para 1º e 2º, por unha banda, e 3º e 4º pola outra, nas dúas últimas sesións, cun total de 12 horas de formación para cada equipo.
Durante o mes de marzo terá lugar a etapa de Difusión e Consolidación dos espazos e funcións dos mediadores.
En abril e maio comezará a súa andaina o noso equipo de mediación.
En xuño está prevista a actualización da formación e a valoración do proceso.
03. AVALIACIÓN
Avaliación inicial:
-Ideas para o desenvolvemento e detección de necesidades.
Avaliación formativa:
-Conversas continuas co alumnado, profesorado e departamentos implicados.
Avaliación continua do proxecto:
-Autoavaliación.
-Cuestionarios de satisfacción de usuarios.
Avaliación final:
-Autoavaliación e propostas de mellora.
-Memoria final.
EXPERIENCIAS
CONCLUSIÓNS
Actividade formativa para a comunidade educativa que transcende dos contidos para crear equipo, para desenvolver o sentido de pertenza ao centro.
Interesante o empoderamento do alumnado de cara a ser quen de facilitar a relación, a convivencia e a resolución pacífica de conflitos menores.