Desconecta! O rap da lus do mundo
- Proxecto
Desconecta - Autoría
Iván García, Lara Díaz, Sergio Cordeiro, Adrián Santamariña, Sergio Campello, Irene López e Martín Díaz - Duración
3 sesións - Ideal para
Traballar a metáfora - Materias
Lingua e Literatura Española, Lingua e Literatura Galega, Matemáticas, Música - Cursos
1º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
Unha das experiencias máis interesantes do proxecto DESCONECTA neste curso 2018/19 foi que permitiu a profesorado e alumnado crear xuntos, por camiños paralelos e cruzándose de cando en vez, como neste videoclip. Foi o proxecto dun equipo de 1º da ESO que escolleu o audiovisual como formato narrativo. A canción foi elaborada por Francisco Loureiro, profesor de matemáticas, e a rapazada fixo o guión e produción da rodaxe.
Unha parte do videoclip está rodada no salón de actos do instituto coa cámara do centro. Os recursos de alumnado gravouno o alumnado pola súa conta co móbil do instituto. Aquí vos deixamos a letra por se queredes cantar mentras o mirades e tamén a canción por se queredes descargala.