A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Desconecta! O rap da lus do mundo

  • A canción é unha creación orixinal do profesor de matemáticas Francisco Loureiro
  • O equipo son Lara, Irene, Iván, Sergio, Adrián, Martín e Sergio máis os profes Teresa e Fran
1/2

Unha das experiencias máis interesantes do proxecto DESCONECTA neste curso 2018/19 foi que permitiu a profesorado e alumnado crear xuntos, por camiños paralelos e cruzándose de cando en vez, como neste videoclip. Foi o proxecto dun equipo de 1º da ESO que escolleu o audiovisual como formato narrativo. A canción foi elaborada por Francisco Loureiro, profesor de matemáticas, e a rapazada fixo o guión e produción da rodaxe.

Unha parte do videoclip está rodada no salón de actos do instituto coa cámara do centro. Os recursos de alumnado gravouno o alumnado pola súa conta co móbil do instituto. Aquí vos deixamos a letra por se queredes cantar mentras o mirades e tamén a canción por se queredes descargala.