A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Díaz Castro e a cultura clásica

A formación de seminarista de Díaz Castro incluía un profundo coñecemento do mundo clásico e dos autores gregos e latinos. Por iso, a continuación, atoparedes unha proposta de actividades para achegarse ao entorno do autor desde unha perspectiva diferente.

Actividade : Alfa i Omega

1) Ao iniciar un dos roteiros, pódese propoñer a lectura en alto do seguinte poema:
“Alfa i Omega”.

Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus.
A vocación do mundo é subir antre cadavres
por un camiño de sede lusquefús.
A espranza do mundo é o amor consumido de sede
na consumación da crus.
A fin suprema do tempo é un estalido de groria e lus.

2) A continuación, explícase o significado de “Alfa” e de “Omega” e o que simbolizan. Faríase referencia á importancia do mundo relixioso na poesía de Díaz Castro. Pódese marcar  o “Alfa” e o “Omega” no roteiro.

3) Pasamos a mostrar unha pequena ficha con caracteres gregos en maiúsculas, minúsculas e a transcrición.

Clave caracteres gregos

Nesa mesma ficha  pídese, como práctica, que se escriban as dúas letras que aparecen mencionadas  no poema:

Α ___________________________________________________________
α  ___________________________________________________________
Ω ___________________________________________________________
ω ___________________________________________________________

4) Por último, pódese pedir que o alumnado e profesores intenten escribir con caracteres gregos  os nomes que aparecen no roteiro ( Buriz, Parga, Guitiriz)  ou os seus propios nomes.
____________________________________________
____________________________________________
____________________________________________
____________________________________________

Actividade 2: Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Tanto Díaz Castro como autores coetáneos – compañeiros e amigos en Santa Catalina- beberon de fontes clásicas grazas, en parte, á formación recibida . Eles  sentían gran  predilección  polos seus autores.

1) Explicación de quén era Penélope e por qué nunca terminaba o seu manto. Quen era Odiseo?
2) En que poema épico se fala deles? Cal é o seu autor?
3) Propoñemos aos alumnos facer unha comparación entre a viaxe de Odiseo desde Troia até Ítaca e os puntos do roteiro (ou da traxectoria vital de Díaz Castro): detémonos simbolicamente nos lugares en que el se detivo e contamos qué atopou ao mesmo tempo que asociamos os lugares da ruta con vivencias de Díaz Castro.

Puntos da viaxe de Ulises.                     Puntos da “Odisea” de Díaz Castro

1 Saída de Troia                                         1
2 Tracia: os cicóns                                    2
3 Libia: os lotófagos                                 3
4 Campania: os Cíclopes                         4
5 Os lestrigóns                                           5
6 Eea: illa de Circe                                    6
7 Sereas                                                       7
8 Escila e Caribdis                                    8
9 Illa Trinacia                                            9
10 Illa de Calipso                                      10
11 Nausícaa                                                11
12 Ítaca                                                        12

Actividade 3: Neovirxilianismo

Vamos analizar por qué de denominou así dita corrente, quén era Virxilio, cales os seus poemas e qué hai de virxiliano na poesía do noso autor.

Neovirxilianismo1       Neovirxilianismo2

1) Lectura  e explicación dun poema de Virxilio.  Esto viría a relacionarse có gusto de D.C  pola lingua latina e pola declamación. Pódese facer esta actividade nalgún punto entre a súa casa e a rectoral do Buriz, onde recibía clases de Latín.

 
P. VERGILI MARONIS ECLOGA PRIMA
Tityre, tu patulae recubans sub tegmine fagi
silvestrem tenui Musam meditaris avena;
nos patriae fines et dulcia linquimus arva.
nos patriam fugimus; tu, Tityre, lentus in umbra
formosam resonare doces Amaryllida silvas.               5
Tityrus
O Meliboee, deus nobis haec otia fecit.
namque erit ille mihi semper deus, illius aram
saepe tener nostris ab ovilibus imbuet agnus.
ille meas errare boves, ut cernis, et ipsum
ludere quae vellem calamo permisit agresti.               10
The Latin Library. Vergil.
 

2)  Direfenciamos a poesía latina da poesía galega: esquemas métricos, xéneros – métrica….

3) Buscamos poemas de Díaz Castro nos que se atopen elementos paisaxísticos- neovirxilianistas-  de ruralismo e de hilozoísmo ( do gr. ὕλη, materia, ζωή, vida, e -ismo:  doctrina segundo a cal a materia está animada).