Emocións da lus do mundo
- Proxecto
As cores, Oralidade - Autoría
María Miragaya Pereira - Duración
Dous trimestres - Ideal para
Traballar por competencias: lingüística, dixital, social, iniciativa, expresión cultural... - Materias
Lingua e Literatura - Cursos
4º ESO, Curso 2017/18 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
A aprendizaxe das linguas debe ter carácter práctico e estar ao servizo da comunicación real.
O traballo escolar do proceso comunicativo debe favorecer o desenvolvemento integral das potencialidades do alumnado. Por ese motivo escollemos, como escenario idóneo para traballar as competencias clave, a creación dun produto audiovisual partindo dunhas consignas indicadas previamente , neste caso, a simboloxía das cores aplicada a situacións que nos rodean.
CLAVES
- MATERIAS: Lingua e Literatura galega, Lingua e Literatura castelá, Literatura Universal, Linguas estranxeiras,…
- CONTIDOS: Comunicación lingüística: léxico, sinónimos, campos semánticos, elementos prosódicos e signos de puntuación, morfoloxía (concordancias, xénero, número…), sintaxe (construción de frases), redacción: coherencia textual, cohesión textual, propiedade textual, recursos de síntese e elipse textual…(construción de textos), interacción comunicativa (principio de recursividade)…
comunicación paralingüística: expresividade e entoación…
comunicación extralingüística: transmitir información por medio da expresión facial e/ou corporal…
- SESIÓNS: O obradoiro desenvolveuse durante un trimestre adicándolle arredor de 3-4 sesións ó mes (nunca máis de 1 á semana)
- Sesión inicial: proposta do proxecto (consignas), rebumbio de ideas arredor do mesmo e formación de cinco grupos de traballo.
- Varias sesións: presentación de formatos audiovisual e escolla de formato, cor e tema coa que traballar xa por grupos.
- Varias sesións: creación de guións
- Varias sesións: ensaios e necesidades técnicas e de atrezzo para a posterior gravación.
- Varias sesións: gravación dos distintos capítulos da web-serie.
- NECESIDADES:
- equipo técnico: material de gravación e montaxe con cámaras, micrófonos, ordenador…
- equipo humano: moi importante a colaboración dun profesional do audiovisual, neste caso, Cristina de la Torre
- espazos: os do propio centro e arredores
- SINERXIAS: Audios, Vídeos, Proxectos: As Cores, Oralidade
OBXECTIVOS
- Crear guións tendo en conta un formato audiovisual dado: web-serie.
- Crear textos escritos -coherentes, ben cohesionados e apropiados- partindo de consignas previas: a simboloxía das cores aplicada a situacións que nos rodean.
- Crear textos escritos correctamente tendo en conta as normas gramaticais da Lingua galega.
- Expresar textos orais atendendo non só á comunicación lingüística, senón tamén á paralingüística e á extralingüística.
- Colaborar no grupo de traballo aportando ideas propias para a resolución de situacións.
- Asumir con responsabilidade tarefas dentro do grupo respectando as decisións acordadas entre os membros.
- Coñecer e Iniciarse no uso das ferramentas básicas para a gravación dun produto audiovisual.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
- Nocións previas sobre o audiovisual e os seus xéneros
- Visionado das distintas modalides de audiovisual
- Nocións previas sobre os requisitos do guión de audiovisual en función do xénero.
02. DESENVOLVEMENTO
- Danse as consignas a ter en conta para a realización do traballo
- Créanse os grupos de traballo
- Escolla do formato de audiovisual e distribución dos temas a tratar, neste caso as cores e a súa simboloxía
- Xa por grupo, establécese a idea principal a desenvolver, a historia que se quere narrar e, por último, procédese á concrección nun guión (personaxes, diálogos…)
- Primeiros ensaios a partir dos guións, só cos textos.
- Establécense as necesidades para a gravación: equipo humano, técnico, espazos e tempos.
- Procédese á gravación de cada un dos capítulos que compoñen a web-serie.
03. AVALIACIÓN
Faise a partir da observación directa do alumnado, en cada unha das sesións e durante todo o proceso, mediante unha rúbrica na que se establecen os diferentes aspectos a considerar. Faise tamén tendo en conta o resultado final, a calidade do produto.
EXPERIENCIAS
O traballo por proxectos permite desenvolver as competencias clave.
É motivador, tanto para o alumnado como para o profesorado.
Suscita a curiosidade e a actividade, fainos saír da zona de confort, crea un clima na aula dinámico e divertido, cohesiona o grupo e incrementa a seguridade e a autoestima entre os participantes.