A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

eTwinning: a identidade desde o clima

  • auga
1/6

 

O eTwinning deste curso pretende que descubramos como o clima inflúe nos diferentes cultivos e na nosa vida diaria.

                                                                           

CLAVES

  • MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión, cun peso específico na competencia científico – tecnolóxica e en xeografía
  • SESIÓNS: Ao longo de todo o curso.
  • NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado, familias e expertos.

OBXECTIVOS

  • Coñecer a contorna natural e patrimonial, implicando ao alumnado no seu coidado e explotación responsable, así como empoderándoo na aprendizaxe multidisciplinar.
  • Coñecer o clima como un factor determinante na contorna e na súa paisaxe.
  • Concienciar no coidado da contorna como requisito para unha vida de calidade.
  • Vincular a aprendizaxe con retos contextualizados da vida cotiá.
  • Difundir los hachágos para chamar a atención e mellorar a concienciación da comunidade educativa.
  • Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto europeo.
  • Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das súas propias características, atendendo a súa diversidade.

                                                                                        

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Aproveitándonos da construción dun espazo adicado ao medio ambiente no patio do centro, fixemos uso  da composteira e dos bancais de cultivo.

O proxecto eTwinning deste curso,  deron soporte pedagóxico á dita liña de acción que se inclúe, igualmente, no proxecto de centro para o curso 2023/24: Identidade.

A asociación europea conta cos seguintes centros educativos europeos:

mapa
mapa

 

02. DESENVOLVEMENTO

Ao longo de todo o curso desenvolvéronse accións que conduciron á construción de  produtos finais socialmente relevantes:

  • Plantación de bancais de cultivo, para un estudo de sementeira e crecemento de plantas aromáticas.
  • Instalación dunha estación meteorolóxica, para o estudo do clima, en comparación co dos socios.
  • Album fotográfico “O ceo desde a miña ventá” para o estudo das modificacións que sofre o tempo en relación con distintos climas e co cambio climático.

Pero houbo moitas máis tarefas encamiñadas ao coñecemento, interacción e avaliación compartida dos nosos nenos e nenas cos seus socios europeos.

  • feira
  • visita
1/3

 

03. AVALIACIÓN

Para a avaliación desta experiencia contamos coas seguintes situacións:

Grupo de debate de profesores e colaboradores, analizando a xornada e os seus produtos.

Cuestionarios de valoración para todos os participantes na experiencia.

Toda a información, neste enlace.

EXPERIENCIAS

A participación comunitaria é un dos obxectivos marcados, desde hai dous cursos, no proxecto Polos Creativos. Esta foi unha experiencia de deseño, implementación e avaliación de ideas que partiu da toma de decisións colectiva.

Todas as tarefas e liñas de acción poden ser consultadas no TWINSPACE do proxecto.

twsp
twsp

CONCLUSIÓNS

Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado de 1º de ESO e de FPBásica, así como co Departamento de Orientación.