A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

II Feira de Proxectos

1/12

Unha mostra dos nosos proxectos, aberta á comunidade educativa, en formato de Feira!

                                                                           

CLAVES

  • MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión, aberta ás familias e institucións da contorna
  • SESIÓNS: Unha semana de preparación e un día de celebración.
  • NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado e familias.

OBXECTIVOS

  • Dar a coñecer os proxectos do centro.
  • Empoderar ao alumnado ao difundir a calidade do seu traballo.
  • Potenciar a oralidade, como liña vehicular do quefacer diario.

                                                                                        

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Durante todo o curso desenvolvimos diferentes proxectos que se foron materializando e, nalgún caso, converténdose en espazos concretos do centro educativo.

Cómpre salientar os seguintes:

  • Creación de espazos de socialización e aprendizaxe, en concreto, presentamos:
      • Pisando herba: rincón de observación e investigación da natureza
      • Creativos: rincón para a creación artística e recuperación do patrimonio arredor da arte, da natureza…
      • Arredor das palabras: espazo para a creación literaria, que se desenvolve na Biblio Díaz Castro
      • Audiovisual: espazo, dentro da Biblio Díaz Castro para a creación audiovisual e a gamificación, así como  a difusión  de recursos.
      • Aula da Calma: espazo para encontrarse e recoñecer, a través da reflexión e a calma, quen somos.
      • Espazo mediación: lugar no que o Equipo de Mediación do centro asume o seu labor.
      • Activa a túa mente: Gamificando para mellorar aspectos como a lóxica, a velocidade de reacción…
  • Presentación do noso proxecto K-PACES, de aprendizaxe e servizo, que pon en valor as experiencias transxeracionais.
  • O taller de fabricación mecánica, para crear, con vistas ao desenvolvemento profesional.
  • Presentación da revista dixital creada polo alumnado de TIC de 4º de ESO.
  • Coñecemento dos Mercados Solidarios IES Díaz Castro, unha iniciativa versátil con intención de mellorar a contorna e a súa sostibilidade.

02. DESENVOLVEMENTO

Durante o mes de xuño fomos dando forma a unha sorte de Feira de Proxectos, a nivel deseño, que recollera a xeralidade de traballos e na que puidese estar representado case todo o noso alumnado.

O profesorado do PFPP (programa de formación permanente do profesorado) xunto con compañeiros e compañeiras comprometidos con outros proxectos do centro, crearon equipos mixtos de traballo (alumnos/profes) para dar forma a unha pequena explicación do feito, no lugar concreto de desenvolvemento, durante o ano.

A semana do fin de curso foi de moito movemento, intentando cadrar horas para os ensaios e preparación de materiais.

O día 21 de xuño, desde as 11:15, desenvolvimos a Feira, co acompañamento dunha boa representación das familias e, tamén, do Concello de Guitiriz.

A comunidade, repartida en grupos, guiados polo alumnado de 3º de ESO (Roteiros Díaz Castro) foron visitando, en itinerarios secuenciados, os once stands, coñecendo os proxectos e participando, nalgúns, das tarefas propostas.

No momento inicial, na benvida, os alumnos que presentaron o evento, aproveitaron para difundir a recentemente chegada condecoración de eTwinning School (somos un dos 174 centros con esta condecoración en toda España), e facer entrega dos premios deste curso:

  • á participación no Reto Matemático
  • Á Aula Mellor Coidada
1/9

 

Podes acceder ás imaxes do día neste Cartafol compartido.

 

CONCLUSIÓNS

Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado que contou coa participación das familias e das institucións da contorna.