Literatura de cordel
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Elena Haz - Duración
Entre oito e doce sesións - Ideal para
Xogar a ser poetas - Materias
Lingua, Literatura, O poeta Díaz Castro - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
TAREFA PREVIA
Comentario de textos poéticos, lectura e análise de poemas de Díaz Castro a través de clases maxistrais e preguntas dirixidas.
EXERCICIOS ESPECÍFICOS
- Creación de logotipos que “dibuxen” un poema
- Creación de caligramas
- Composición de Haikus (a partir da atención ao mundo natural)
- Elaboración dun poema a partir dos propios versos do autor: Os alumnos deben recoller aqueles versos que máis lles chamaran a atención para compor un poema novo, mesturando os versos escollidos.
Si é que un poema é un nimbo de lus
Non sei por que me deron esta mañá vidrada
Despida coma o ceio
Dun recordó moi longo, recolleito
Das sombras que, xogando cos meus ollos …etc.
- Ingredientes para a pócima Díaz Castro (Pódense elaborar variantes: receita, lista da compra…). Por exemplo:
200 grs de alas de pomba
Unha pizca de sombra
Unha bágoa de Deus
Dúas noites de soño puro
Cinza de rosas ( a gosto)
Proceso: Desoballamos os ingredientes na tea dos nosos soños, deixando unha chorima en cada pedra. Deixamo-los repousar unha mañá vidrada de alas de pomba… (etc.).
- Grafittis con versos seleccionados (existe unha aplicación que lles da ese aspecto):
Eu deixo aquí os nimbos, coma cinza de rosas.
- Continuar un poema do autor a partir de varias posibilidades:
- Un personaxe responde ao poeta
- Entre dous versos, engadimos un novo (mesmo esquema rítmico)
- Etc.
- Realización de acrósticos co nome do poeta, das suas obras, dalgunha palabra clave na sua obra, etc. Por exemplo, con Nimbos:
Na miña vida en lume se enxeriron
I eu coma un fondo rio de recendos
Matei aqueles recordos.
Brotou en min, como nun mar de escuma,
O verdadeiro amor,
Sen sentir o martelo dun recordo en sangue.
- Escreber un pequeno relato a partir dalgun verso , fragmento ou poema que serva de inspiración para unha historia. Por exemplo, comezar ou rematar unha narración a partir do seguinte verso:
“Deica o mencer chegaron os seus berros”
METODOLOXIA
Traballar con pequenos grupos ou parellas, para fomentar o proceso creativo en colaboración.
TEMPORALIZACIÓN
Aproximadamente entre 8-12 sesións.
PROCESO FINAL
- Seleccionar, en cada grupo, as creacións mais interesantes (en torno a 3), indicando en cada caso cal foi o poema de D.Castro que lles serviu de inspiración.
- Cos programas ofimáticos, cada grupo escrebe e inclue as imaxes que precise nun arquivo de texto. Extensión: 2 folios, divididos en 4 apartados da mesma extensión.
- Imprimir en DinA4 os resultados (3 obras) e os versos de D.C. (3 obras) nunha disposción que permita doblar o folio coma un pequeno libriño de oito follas (un pliego de cordel).
- Deseñar previamente unha portada e unha contraportada.
RESULTADO DO PROXECTO
Repartir os pliegos de cordel con mención expresa dos autores. O ideal sería mostra-los e reparti-los nunha feria, atados a cordas, como se facia en Europa séculos atrás e, aínda hoxe, no Brasil. Sería interesante que os rapaces leran as suas propias obras, explicando, en cada caso, a fonte inspiradora e o proceso de creación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Basearemo-nos en:
- A calidade dos resultados: busca dunha creación artística no traballo?
- A implicación individual e o grao de colaboración co grupo.
- A relación entre a obra orixinal e o resultado de cada estudante: copia sen manter o ton orixinal, copia atendento á atmósfera do orixinal, vai alén disto e pretende modificar (non copiar) mesmo o espírito da obra de referencia?
- O esmero á hora de dar un formato dixital e impreso a unha obra artística e creativa.