A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O relato da orixe do Universo

  • Uxía presenta este vídeo sobre a orixe do universo realizada por todo o aula

PRESENTACIÓN

O alumnado de 4º de ESO de Física e Química (12 alumnos) explícanos no curso 2016-2017 a orixe do universo. Ó máis puro estilo Carl Sagan, móstrannos como se orixinou o sistema solar e sobre todo, que pasou despois.

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para utilizalo en Bioloxía e Xeoloxía, en Ciencias da Natureza e en Física e Química.
  • CONTIDOS: A orixe do universo e os planetas do Sistema Solar.
  • SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 3 sesións máximo.
  • NECESIDADES: ten que formar parte do contido avaliable das materias nas que se desenvolva.

OBXECTIVOS

Reforzar a importancia da expresión oral como aptitude básica para reforzar habilidades lingüísticas e sociais:

  • Capacidade de síntese
  • Organización do discurso
  • Fixación dos coñecementos
  • Seguridade e autoestima

Potenciar a implicación do alumnado nas actividades do aula e do centro

PASO A PASO

PREPARATIVOS

Distribución do alumnado por tarefas:

  • 3 alumnos redactan o texto que se escoitará no vídeo
  • 3 alumnos buscan o fondo musical axeitado
  • 2 alumnos buscan na rede fotografías para o vídeo
  • 1 alumno será o presentador do vídeo
  • 1 alumno será a voz en off
  • 2 alumnos gravan o vídeo e o montan coa música
  • Coordinación das tarefas nas distintas sesión utilizadas para desenvolver o proxecto.

DESENVOLVEMENTO

Utilización de catro sesións de aula para preparar todas as tarefas para a realización do vídeo.

AVALIACIÓN

Para cada alumno 1 punto máximo segundo o grao de implicación e traballo realizado no proxecto.