Os derradeiros elementos da Táboa Periódica
- Proxecto
Táboa periódica - Autoría
Ana Sánchez Expósito - Duración
Dúas sesións - Ideal para
Coñecer curiosidades sobre elementos químicos descubertos hai pouco. - Materias
Química - Cursos
2º BAC, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Con motivo do ano internacional da Táboa Periódica o alumnado de Química de 2ºBacharelato realiza un breve traballo sobre a historia da T.P. e os catro últimos elementos que se incorporaron a ela e unha exposición oral sobre el.
CLAVES
- MATERIAS: Indicado para Química.
- CONTIDOS: Relacionados coa unidade do “Sistema Periódico e propiedades periódicas”. Tamén se traballa a precisión da linguaxe e a capacidade de síntese.
- SESIÓNS: Dúas sesións no centro, una para buscar información e outra para expoñer oralmente o traballo. Ademais, tempo na casa para redáctalo e imprimilo.
- NECESIDADES: Ordenadores para buscar a información e impresora e folios para imprimir os traballos.
OBXECTIVOS
- Saber escoller a información entre o amplo abanico que oferta internet.
- Practicar a comprensión escrita.
- Redactar correctamente un traballo.
- Realizar textos expositivos.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Busca de información en distintas páxinas de internet.
02. DESENVOLVEMENTO
Escolla da información e redacción do traballo. Realización da exposición oral sobre o traballo e entrega do traballo por escrito.
03. AVALIACIÓN
Suporá o 10% da nota da avaliación. Terase en conta a calidade da información exposta, a presentación e a exposición diante dos seus compañeiros.
EXPERIENCIAS
O traballo lévase a cabo en xaneiro de 2019.
Ver aquí o pdf da actividade: As derradeiras incorporacións á táboa periódica.