A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Os tres R de Rodri

 

  • 3 en liña
  • 3 en liña
  • 3 en liña
  • botella calma
  • estoxo
  • estoxo
  • estoxo
  • estoxo
1/8

 

PRESENTACIÓN

Durante o primeiro trimestre, na aula PT do centro, levouse a cabo un proxecto interdisciplinario sobre residuos: redución, reutilización e reciclaxe. Neste proxecto, chamado Os tres R de Rodri, o alumnado protagonista e o colaborador, tiveron experiencias de concienciación sobre os comportamentos no contexto próximo e reutilización de residuos.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Ámbito científico – tecnolóxico.
  • CONTIDOS: Residuos, reutilización, redución e reciclaxe. Expresión oral e escrita (instrucións). Planificación e resolución de problemas.
  • SESIÓNS: 2 sesións semanais ao longo do primeiro trimestre.
  • NECESIDADES: Recursos e  materiais, residuos plásticos, material de aula. Concertar horarios co grupo de PMAR, colaborador nalgunha tarefa.

OBXECTIVOS

  • Mellorar a comunicación e a competencia oral.
  • Traballar estratexias de pensamento. Resolución de  problemas.
  • Mellorar a psicomotricidade fina.
  • Idear solución ao problema da acumulación de botellas de plástico no instituto.
  • Propiciar a interacción e o traballo entre iguais.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Nun primeiro momento, houbo unha busca de información e unha tormenta de ideas para coñecer o estado da cuestión. Igualmente, fíxose, nesta primeira etapa de detección de necesidades, unha enquisa polas aulas e unha campaña de recollida de botellas de plástico e tapóns.

02. DESENVOLVEMENTO

1.- Mural tormenta de ideas: elaborado en clase, que quedou colgado durante todo o trimestre para ser completado e servir de inspiración.

2.- Procesamento da información derivada da enquisa sobre xestión de residuos nas diferentes clases. Enlace aos resultados.

3.- Reutilizar 1: salvamanteis con tapóns de plástico.

4.- Reutilizar 2: O xogo do tres en raia. Instrucións para xogar. Instrucións para construír o xogo.

5.- Reutilizar 3: A Botella da calma. Instrucións para elaborala.

6.- Reutilizar 4: Estoxo con botellas de plástico.

7.- Lóxica matemática: traballo de clasificación e teoría de conxuntos.

8.- Obradoiro de formación entre iguais: Rodri explica ao alumnado de PMAR como facer estas manualidades para que, despois, eles leven a cabo o Primeiro Obradoiro aLIXéirate.

03. AVALIACIÓN

O alumno participou activamente en todo o proceso, compartíndoo, ademais de cos seus compañeiros no IES, co outro centro no que ten unha escolaridade combinada: o CEE Santa María, en Lugo.