A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Profesións emocionais

  • Ana, Regina e Julia
  • Adrián Montes
  • Bruno Pena
  • Carolina Torrijos
  • Eva
  • Fabián Vázquez
  • Jose Manuel Vázquez
  • Laura Ageitos
  • Mario
  • Marta Castro
  • Martín
  • Natalia Blanco
  • Natalia García
  • Paloma Becerra
  • Regina Polín
  • Rocío Fanego
  • Rosalía Serralta
  • Sabela
  • Victor Pollán
  • Antón de Guizán
  • Rubén Iglesias
  • Pablo Núñez
  • Pancho
1/26

PRESENTACIÓN

O alumnado da Aula de PT investigou sobre cales son as emocións ligadas aos aspectos profesionais das persoas da contorna… e vaia o que descubriron!

 

CLAVES

  • MATERIAS:Indicado para a mellora da competencia lingüística, dixital e de aprender a aprender.
  • CONTIDOS: Emocións, profesións, maquetación de vídeo, busca de recursos.
  • SESIÓNS: Para desenvolver ao longo dun trimestre.
  • NECESIDADES: Traballo en liña, apertura do centro á contorna.
  • SINERXIAS: Outros proxectos do centro (eTwinning)

OBXECTIVOS

  • Identificar as emocións en contextos diversos.
  • Establecer contacto comunicativo con iniciativa e efectividade (oral e escrito).
  • Elaborar materiais con formatos concretos.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Durante o desenvolvemento do proxecto de centro As Cores, o alumnado da aula de PT foi quen de dinamizar as tarefas inicias (As Cores das Emocións) e, posteriormente, investigar sobre cales eran as emocións básicas e identificar as cores coas que a nosa pequena comunidade as relacionaba.

Con este caldo de cultivo, decidimos ir máis aló: de que cor son as emocións profesionais?

02. DESENVOLVEMENTO

O alumnado participante convidou a persoas da contorna natural (e social) do instituto para que enviasen un vídeo ou audio no que contasen, en primeira persoa, a que se adicaban, cal era a emoción coa que lidaban cada día e, de ser posible, con que cor a identificaban. Os pasos seguidos foron:

  • Elaboración deste flyer para convidar as persoas participantes.
  • Mantemento de control no correo electrónico para a recepción de respostas e agradecemento das mesmas.
  • Maquetación dos vídeos para que tivesen o formato adecuado e elaboración de vídeos, a partir de imaxes libres de dereitos, naqueles casos nos que recibisemos audios.
  • Subida de vídeos para a web.
  • Creación dun Lapbook con Realidade Aumentada. Nel, aparecen todas as fichas e, mediante RA pode accederse aos vídeos elaborados.

03. AVALIACIÓN

A avaliación continua pasa por revisar e retroalimentar todo o proceso. A chegada a un produto socialmente relevante como é o lapbook, ao dispor de toda a comunidade educativa, é a avaliación final. As preguntas guía do proceso son:

  • Comprendemos o que estamos facendo e para que o facemos?
  • Somos quen de encadralo nun proceso máis amplo, como é o Proxecto de Centro As Cores?
  • Conseguimos vídeos adecuados ao modelo solicitado a través de actos de comunicación intencionados e efectivos, tanto a nivel escrito (correo) ou oral?
  • Elaboramos un produto final (lapbook) que compartir coa comunidade?

EXPERIENCIAS

Contribuír ao desenvolvemento de liñas de traballo do centro sempre é moi interesante, aínda que sexa con iniciativas de corte máis social ca académico. O emprego de Realidade Aumentada permite levar información en soportes físicos a calquera espazo e compartila con todos os alumnos non participantes.