A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Reloxo analemático de Guitiriz

Reloxo analatematcio de Guitiriz

 

O reloxo analemático de Guitiriz é un reloxo de Sol, polo que marca a hora solar, que non coincide coa hora oficial, esa hora visualízase mediante a sombra que nós proxectamos no chan, cando nos colocamos, na data correspondente ao día actual, sobre a figura, parecida a un 8 que aparece debuxada no centro, chamada analema e que da nome a este tipo de reloxos.

A explicación do nome desa figura é que se fixáramos unha cámara de fotos apuntando ao ceo, sen movela en todo o ano e fixésemos unha fotografía sempre a mesma hora, obteríamos 365 fotos, que superpostas unhas ás outras mostrarían que o Sol vaise desprazando polo ceo formando a analema. Para compensar este movemento do Sol debúxase o analema no centro do reloxo.

O reloxo está no chan do campo da feira de Guitirz, onde cada mércores aínda hai mercado e onde a Xosñe María Díaz Castro gustáballe ir, unha vez que se mudou á vila, a pasar as tardes falando cos cativos.