Somos iguais, somos diferentes
- Proxecto
As cores - Autoría
Marisé Fernández Figueiras e Teresa López - Duración
4 sesións - Ideal para
ESO - Materias
Lingua, Lingua e Literatura - Cursos
1º ESO, 2º ESO, Curso 2017/18 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Con este traballo preténdese que o alumnado terá que ser capaz de interiorizar e reflexionar sobre as emocións, sentimentos e sensacións que lles xeran as distintas cores e ser capaces de asociar cada unha a unha ou varias materias do curso.
CLAVES
- MATERIAS:Indicado para utilizalo en Lingua Galega.
- CONTIDOS: Expresividade, precisión de linguaxe, motivación, empatía, traballo en equipo e control de tempo.
- SESIÓNS: 1 sesión inicial para elaborar a táboa das cores; 1 segunda sesión para realizar a asociación das materias coas cores; 1 terceira para debuxar os gráficos; 1 cuarta e última para trasladar os gráficos aos murais.
- NECESIDADES: Forma parte da materia encadrada no apartado de traballo persoal (15% da nota global).
- SINERXIAS: Lorem ipsum dolor sit amet
OBXECTIVOS
- Reflexionar sobre as nosas emocións e sentimentos.
- Exteriorizar as emocións a través das cores.
- Asociar o valor das cores coas materias do curso.
- Traballar en equipo.
- Chegar a un consenso nas decisións a tomar.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Reunión das dúas profesoras, Marisé e Teresa, para idear o traballo. Trasladarlle a idea ao alumnado.
02. DESENVOLVEMENTO
- Transmitir a idea xeral ao alumnado.
- Elaborar unha táboa de cores.
- Dar un valor a cada cor.
- Reflexionar sobre o significado das materias.
- Elaborar a táboa das materias.
- Levar os resultados a distintos gráficos.
- Poñer en común os resultados nun mural.
03. AVALIACIÓN
Observar o desenvolvemento da actividade.
Valorar o traballo en equipo.
Puntuar o resultado final.
EXPERIENCIAS
Ver as imaxes realizadas durante o desenvolvemento da actividade e o resultado final nos murais.
CONCLUSIÓNS:
O alumnado foi capaz de mirar no seu interior para, primeiro, dar valor ás distintas cores segundo as súas emocións e, segundo trasladar estas ás distintas materias.
O traballo en equipo resultou moi positivo, tanto en grupo individual, coma os dous grupos xuntos (1ºA e 1ºB).
O resultado final é interesante porque nos mostra a valoración das materias polo alumnado e fai reflexionar ao profesorado imoplicado.