A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Táboa periódica: Poesías

PRESENTACIÓN

Con motivo do ano internacional da Táboa Periódica o alumnado de Química de 2º Bacharelato e o de Física de 2º Bacharelato elaboran poesías sobre a Táboa Periódica.

 

 

CLAVES

  • MATERIAS: O proxecto é levado a cabo polo alumnado de Química de 2º Bacharelato e o de Física de 2º Bacharelato.
  • CONTIDOS: Relacionados coa unidade do “Sistema Periódico e propiedades periódicas”. Tamén se traballa  a precisión da linguaxe e  a imaxinación para transformar a linguaxe química en poesía.
  • SESIÓNS: Unha sesión no centro para recitar as poesías diante dos compañeiros. Ademais, tempo na casa para realizalas.
  • NECESIDADES: Folios e bolígrafos
  • PROXECTOS RELACIONADOS: Poden colaborar os departamentos de línguas (castelá, galega, inglés, francés e portugués) para traducir as poesías a diferentes idiomas.

OBXECTIVOS

  • Redactar correctamente un traballo.
  • Escribir en forma de poesía coñecementos científicos.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Pensar en que parte da T.P. me vou centrar.

02. DESENVOLVEMENTO

Elaboración da poesía. Lectura na aula e entrega dela por escrito.

03. AVALIACIÓN

Xunto con outros traballos, suporá o 10% da nota da avaliación. Terase en conta a calidade da información exposta, a presentación e a exposición diante dos seus compañeiros.

EXPERIENCIAS

O traballo lévase a cabo en decembro de 2018.

POSIBLES VARIACIÓNS

Ver aquí a Poesía e táboa periódica.